Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 novembre 2010

ICEBERG

A TARDE DE onte dediqueina a pasmar. A miña muller sempre me reñe cando o fago, non acaba de entender que pasmar valeulles aos gregos para crear o sistema filosófico máis complexo nunca ideado. Daquela déuseme por tratar de decidir que faría de ser eu Leonardo di Caprio e un director coma James Cameron me mandase empoleirarme na proa do Titanic. Por moi ben agarrado a Katherine Winslet que estivese, eu inclínome a negarme. Cameron é un director de autoridade e Winslet, unha magnífica actriz, pero o guión marca que o barco acabará sendo engulido polo océano. Sería algo así como estar traballando nunha multinacional e pronuncian inglés coa dición de Bono cantando ‘Lemon’. Que pode fallar? Todo fallou e houbo que organizar un rescate, segundo lin na prensa. A miña muller leva razón. Os gregos conságraronse a pasmar regalados de seren os gafapastas de Europa e os irlandeses conformáronse con que se lles instalasen grandes firmas ao pé da casa porque falaban coma Sean Connery. Entón decidín enviar un correo á representante de Di Caprio para advertirlle de que o Titanic fora construído nuns asteleiros de Dublin. Logo reparei en que me pasara coma ao capitán do trasatlántico ou a Irlanda: era demasiado tarde para cambiar de rumbo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité