Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
31 décembre 2010

VASO

O LÍDER de Public Enemy, Chuck D, afirmou unha vez que «o rap é a CNN dos negros». Ata que xurdiu o hip hop os bisnetos do proletariado algodoneiro soamente aparecían nos noticieiros co fuciño tapado saqueando hipermercados nunha revolta estival. O seu punto de vista era concreto e nítido: «A miña mala sorte foi nacer no centro-sur de Los Angeles. A Policía non virá para axudarme a baixar o meu gato dunha árbore», argumentaba Chuck D. Mediaset vén de sustituír CNN+ por unha canle que emitirá Gran Hermano as 24 horas. Habilita a CNN dos poligoneiros, desa xeración anómima que hiberna acampada nos lindes das cidades españolas sen máis previsión de futuro que saber o partido que televisan o sábado. Irak, Obama ou Vargas Llosa ceden escenario aos sentimentos agrafamente expresados por unha gavela que pensa que o culturismo é unha rama do saber. A mudanza permitiranos seguir coñecendo o devalar do mundo, pero será o devalar dun mundo habitado por rapaces que teñen por discurso apuntar que «nesta casa é todo moi intenso». Estou por apagar o televisor e volver ao vaso apoiado na parede para informarme das miserias e as alegrías da veciñanza. Ao cabo, coñezo o dramatis personae e podo contextualizar as reaccións.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité