Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 janvier 2011

OS CÓBADOS PEGADIÑOS

UNHA das miñas teimas para educar aos meus fillos na mesa é aprenderlles a manexar os cubertos cos cóbados pegados ao tronco. Sempre que os sento para almorzar, xantar ou cear, vou correxíndolles o xesto, a xeito de instrutor de equitación dunha infanta neerlandesa. Os probes siguen as indicacións coa mesma disciplina que se fosen netos de Carmen Lomana.

Non se trata unicamente de que saiban estar, nin de que lles vaia ser de utilidade neses overbookings que padecemos nos convites das macrovodas e nos hiperbautizos. Procuro,antaes ca iso, evitarlles conflitos cando estean sobrevoando augas internacionais.

Adoito argumentar o mesmo sempre: «Baixade os cóbados, que non sabedes quen vos vai tocar no asento do lado cando viaxades nun Boeing a New York». Eu fágoo polo seu ben, para inculcarlles dende cativos as incomodidades de comer nos avións. Advírtolllo porque temo que deberán cruzar os océanos en clase turista, é dicir, estabulados nun asento de 40 centímetros de ancho e van ter que xantar cunha bandexa de plástico que non será maior que as coxas nas que a apoien. Nese espazo acoutado, veranse na obriga de pinchar, cortar e beber. Para iso, convelles pegar ben os cóbados aos cadrís.

Ao meus cativos refírolles viaxes transocéanicas, non por darlle dimensións épicas ao discurso, senón porque o de coller un avión para dar unha volta polo espazo aéreo Europa Meridional e probar un menú a 10.000 metros de altura deixou de poder facerse.

A graza de comer nun Airbus 340 vén sendo que os alimentos veñen plastificados e enfiambreirados. O motivo é comprensible, dado que non se cociña nos avións, senón unhas once horas antes de que saia o voo para despois enfrialo, envasalo e subilo ao aparello.

Como desconfío de que andarán en primeira clase, os meus fillos comerán coas dúas razas de aeromenús: os baseados no polo e os baseados na pasta. Ambas as opción teñen en conta aos onmívoros e á segunda, soamente aos vexetarianos. Si é certo que procuran que a oferta sexa equilibrada en proteínas, vexetais e carbohidratos.

A maiores, escólmanse alimentos que non provoquen gases nin punzadas nos intestinos e, moito menos, indisposicións, porque nun avión ninguén te vai aconsellar saír tomar o aire. A maiores, os preparados adoitan estar exentos de picante.

Moitas compañías non se despistan doutros comedores particulares, como poden ser as minorías étnicas. Nun voo a Buenos Aires, tocoume viaxar en medio dun colectivo de xudeus. Soubeno porque insistiron en que os seus menús fosen ‘kosher’, é dicir, cociñados segundo as normas levíticas.

O cincuentín que levaba ao carón falaba hebreo coa muller e se deleitara coa sección económica en inglés do New York Times, pero á hora de comer abría os brazos coma calquera cristiano ou mesmo musulmán.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité