Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 avril 2011

NINGUÉN FALA SOBRE NÓS

XOSÉ CARLOS CANEIRO aseguraba a semana pasada que «os escritores galegos somos pouco máis ca biografías». A reflexión é interesante, pero nin estou certo de que trascendamos rexistros vitais nin estou certo de que debamos transcendelos. Tendo en conta que a maioría dos autores deste país gozan de experiencias vitais trazadas por rutinas homologables á de calquera, mesmo estamos de máis como biografados. Non quixera desmerecer a apreciación de Caneiro, pero non somos Hemingways buscando a cara bifronte do Ianus da morte e da aventura nunha guerra exótica na Mitteleuropa, senón Kafkas consagrados ao Instituto de Seguros de Accidentes de Traballo do Reino de Bohemia coa suba do Euríbor coma escuma dos nosos días clónicos. Mesmo faltan entre nós escritores con vontade de ser biografados. Carecemos mesmo de rarezas reseñables e escandalosas. Onde está o Proust comprando un uniforme militar para ser fotografado? Onde Nabokov perseguindo bolboretas e universitarias? Adoitamos pretender brillar no debate intelectual, auxiliados nos últimos anos por Google. Ás veces esquecemos que o factor determinante para escribir unha obra de fición ou de reflexión que chegue a acadar unha dimensción respectada é vivir. Confiamos todo a que un azar nos convirta en algo importante: ser protagonistas do Día da Marmota no que se deciden as Letras Galegas, por exemplo. Daquela virá Antón Lopo novelarmos coma se fosemos Hemingways, así o sentín con A pel do lobo (Galaxia), sobre Uxío Novoneyra, e A palabra exacta (Galaxia), sobre Lois Pereiro. De non alcanzarmos esa singular fortuna, ninguén falará de nós. Nin falta que fai.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité