Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 mai 2011

OS DESERTOS PREMIOS

O fútbol sufriu unha evolución curiosa ao pasar de xogarse nun ferrado verde a desputarse nunha sala de prensa. Esa mudanza deitou un resultado inxusto porque pasou de enfrontar dous equipos de once futbolistas a situar a un adestrador fronte a cincuenta periodistas. Da última precuela Madrid-Barça o único que me interesou foi o xeito no que Mourinho levaba polo seu carreiro a unha chea de informadores. Co fútbol pásame como coa literatura francesa, que -de quitados Modiano e Carrére- soamente me interesan as liortas dos premios Goncourt. Os titulares de prensa levan unha década metendo a palabra polémica xunto co anuncio do nome gañador. Este ano o polémico foi Houellebeqc, que xa fai méritos de seu sen Goncourt que lle dea folgos. A literatura galega empeza a espertar tamén neste senso e todas as correntes subterráneas e lordentas comezan a manar á superficie. A novidade desta semana foi un comunicado contundente que o vicepresidente da Fundación dos Premios da Crítica, Bieito Ledo, guindou contra o seu presidente, Xosé González, no máis depurado estilo de comunidade de veciños desputando a cor da fachada. Ledo lanza o seu j'acusse na modalidade Apolypto, alertando de que os galardóns van desaparecer. O presidente amosouse certo de contar cos outros oito patróns e anunciou un comunicado para respostar a «ese señor», antes amigo. Os premios da Crítica son meritorios, pero, se cho dan, excusas de mandar o número do conta. Non hai un can en xogo. Lémbranme a cando estiven en Israel/Palestina. Vin un deserto ruín e perdín todas as certezas sobre Oriente Medio. Alí combaten por un ferrado ermo.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité