Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 mai 2011

CASTAS

Como son mediadamente corentón e convictamente burgués temo non estar comprendendo as acampadas pola democracia real. No Santiago dos 80 nos inchámonos a ler as follas de servizo dos veteráns que aínda eran reservistas da tuna e, ao acabar déusenos por recrear unha revolución. Algúns cruzaron coches envorcados por todo o Ensanche para brindarnos a oportunidade de correr diante dos antidisturbios como se fosemos erasmus celebrando a Hemingway. Porén, non dou abranguido o que acontece cos acampadores. Pensaba que todos asumíramos que políticos e banqueiros traballan con números clausus e que, para acceder aos seus ámbitos, precísase ser presentado por dous socios. Hai quen calcula que esa situación non é inmutable. Optei por consultar con alguén que chegou ao cerne das desigualdades grazas á literatura. Víctor Hugo elaborou un plano da situación na novela 'Os miserentos'. Mandeille recado polo Twitter, que seica que usa decotío malia que morreu hai 126 anos. O escritor reveleoume que andaba atento aos problemas de DSK, tratando de explicarse “que facía un socialista liderando o batallón disciplinario da economía internacional”, cando o que me preguntaba eu era que empuxa ao responsable dun potente organismo a intentar violar unha camareira anónima. “Séntese parte dunha casta que ten dereito a exercer o poder sobre unha casta inferior”, resumiu.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité