Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 septembre 2011

DE VOLTA ÁS NOSAS COCIÑAS

AS COCIÑAS que nos deseñan agora son de curto percorrido e nos forzan a andar de perfil. Pouco andamos nelas porque o microondas converteuse no aparello dos raios máxicos que igual nos requenta un café con leite que nos devolve unha tortilla precociñada, con todas as terribles consecuencias que pode ter iso para un padal de discernimento medio. Hai libros de receitas con microondas que deberían figurar no vello Índice inquisitorial.

As cociñas antes recendían por estacións. A empanada e castañas no outono; a caldo de grelos, na invernía; a mazás, na primavera, e a filetes empanados para botarnos correndo ás praias no verán.

A miña cociña, desacostumadamente espaciosa, estame agasallando estes días cun recendo a tomate intensamente doce, directamente regalado dende o val de La Vera, ao norte de Cáceres, non lonxe dese mundo perdido onde os pratos aínda se falan en galego. O perfume anda mesturado cunhas cebolas e allos que me chegan dende Antas de Ulla, aínda con matices marróns de terra no vermello vivo e un queixo soberanamente artesanal de Friol, que transmite un suave amargor.

A preeminencia da bandeixa de plástico e a televisión por cable está afastándonos das cociñas, que exerceron de incubadoras da nosa infancia. Eu, cando menos buscaba alí a conversa da miña avoa materna, unha donostiarra que se saltaba sen complexos todo o recetario vasco que lle impregnaran nos xenes para entregarse aos avances da cociña francesa dos anos 70. Ela importou a Nouvelle Cuisine ao tempo que Arzak ou Subijana.Kudamemo

O New York Times, un xornal que vai gañándose o éxito co avance permanente, vén de inventar unha tableta que ocupa o mesmo espazo cas nosas mesas de cociña e que sirve exactamente para o que serve calquera outra tableta. O único cambio é que os enxeñeiros do xornal norteamericano reduciron as columnas de texto en beneficio da imaxe para a lectura do seu medio. Polo demáis,permite acceder a redes sociais, mirar películas, ler libros e todos os etcéteras. A maiores, abonda con pousar un ‘smartphone’ sobre esa mesa intelixente para que se conecten os dispositivos.

Se recuperamos as horas perdidas (gañadas) na cociña, deberíamos tamén recuperar os olores agradables e condear a desterro ao Ajax Pino e á crema para limpar a vitrocerámica. O ‘slow food’ e a agricultura ecolóxica veñen favorecendo esa recuperación da gama olorística. Álvaro Cunqueiro ben coidaba do nariz e adoitaba esparecer mazás pola habitación na que escribía, como ben se puido comprobar na recreación que lle fixeron na sede da Xunta en Lugo.

O único defecto grave que semella ter a ‘kitchen tablet’ do New York Times é que é oloristicamente aséptico. A solución volve con ese movemento que teima en recuperar as sementes co mimo coas que Colón importou as do tomate.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité