Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 septembre 2011

QUIQUE BORDELL TEIMA EN FALARME DOS UNIVERSOS PARALELOS UN LUNS POLA NOITE

how-to-make-and-solve-a-siamese-rubiks-cube-my-fLUGO ESTASE volvendo perigoso polas noites. O luns volvía para casa tratando de que a carroza non se me transformase en cabaza cando atopei a Quique Bordell. Quique, tan imprevisible como a súa pintura, prendeu a falarme de física cuántica, esa que estuda o comportamento dos elementos subatómicos. El instruíume sobre a hipótese dos ‘moitos mundos’, de Marcus Chown e eu, educado por monxas en Ribadeo, deixeime. Chown aventura que, malia que nós decidimos por cal de dúas regandixas dunha caixa metemos unha moeda, no microcosmos acontece algo distinto. Se lanzamos un fotón cara a dúas fendas paralelas, pasará por unha e pola outra asemade. Ese sorprendente comportamento determina que, na teoría, exista un mundo no que o fotón entra por unha e outro mundo no que entra pola outra. Esta tese serviría mesmo para sospeitar que habería uns Estados Unidos que tirasen felices da economía planetaria en paralelo a esoutros atrapados nun lameiro de atrancos macroeconómicos. Xa que logo, hai un universo clonado no que Grecia se comporta coma unha civilización ‘vintage’. Porque neste que respiramos, os gregos esqueceron da filosofía xerada polos antergos e se liaron a pedradas co Fondo Monetario Internacional. Debe de ser que esta realidade son sombras proxectadas contra a parede dunha caverna e nos empuxan a acreditar unha distopía. Escollemos o universo errado.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité