Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 août 2014

UNHA PRACA DOURADA

vegas18

Outra noite de cear a medianoite como consecuencia do traballo. Deixei sorprender coma sempre polas canles de R. En CTK había unha película desas que teñen como principal valor estar producida nun país pobre, pero en TCM botaban Serpico, con Al Pacino. O actor logra que esquezas que o director, Sidney Lumet, está xirando nun bucle dende os dez primeiros minutos de presentación do personaxe, un policía íntegro. Nos seguinte setenta, teima en describir en escenas que se repiten cun personaxe dunha rixidez moral aburrinte. As persoas boas son de agradecer na vida, pero non hai Historia sen conflito, defendía Hegel, e non hai historia sen conflito, sabe calquera guionista. Son setenta pesados minutos con Frank Serpico intentando acadar a "dignidade de ser feliz", que Kant define como "a concordancia de todas as nosas máximas coa lei moral" en La religión dentro de los límites de la mera razón. En todo ese tempo, entretívenme mirando a Cornelia Sharpe e toda a cotra nos diferentes barrios de Nova York dos anos 70 polos que trasladan a Serpico para que non levante alfombras. Asumo que é un biopic sobre o policía homónimo, pero toda a cinta vai apoiada sobre o amplo rexistro de Al Pacino. Con todo, o personaxe ten un fondo de ambición que non mira os cartos, senón as distincións. Interesante como motivación. Ao remate hai unha escena que alivia o sopor. Ese momento en que lle van entregar o distintivo que o categoriza como policía que axustizou a gavela corrupta coa que malvivía profesionalmente. Serpico rexéitaa porque repara en que amargou a súa vida e levou un balazo na cara por obter unha praca dourada, por unha ilusión platónica.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité