Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 août 2014

UNHA FRONTEIRA DE XIZ

 

ulsters says no

 

Andrew non comprende Europa. Ignora que pode haber culturas intensas e distintas nunha distancia de trinta quilómetros. Supoño que ignora o acontecido en Fiume, onde Grabielle D'Annunzio gobernou unha república cativa, políglota e independente entre setembro de 1919 e Nadal de 1920. A muller de Andrew, Rosa, trataba de explicarlle o sábado na terraza do Costa Verde en Ribadeo, que eu era vasco, que me apelido Jaureguizar, e que falo e escribo en galego. Non atopa curiosidade. Jaureguizar soalle igual ca Castiñeira ou que Veiga. É incapaz de aprezar que a miña nai e máis a miña irmá se chamen Itziar, que os meus irmáns sexa Mikel ou Iñaki. Andrew é estadounidense e vive dende hai uns anos en Madrid. Observa con perplexidade ao feito de que as nacións son o remate dun proceso histórico, social e cultural. Para el, as nacións teñen a súa orixe nun azar, unha batalla ou nun capricho provocado por unha autoridade como o oficial alemán da película O tren de Lenin, que traza unha liña de xiz no medio dun vagón e explica ao lider comunista: "Da raia para onde estou eu é Alemaña; da raia para onde está vostede, é zona extraterritorial. Se cruza a liña, aplicareille a lexislación alemá".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité