Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 septembre 2014

O CATÁLOGO DE PRIMAVERA

RULETA MONROE

Paco Nieto e máis eu coincidimos diante do Gadis de Ramón Ferreiro. Anda argallando no pasado de Lugo e preguntoume por Santiago Jaureguizar Isasi, o candidato carlista ao Senado en 1979. Eu apuntei que a única acción partidista que fixera na vida fora buzonear propaganda para que se votase por ese meu tío. Podería afirmar que son carlista por estética, a xeito de Valle Inclán, pero, serei menos fachendoso, e recoñecerei que me sometín á disciplina lexitimista de Carlos Hugo unicamente porque tiña catorce anos. Esas eleccións foron un momento de ilusión política por esquecer as negras costas do franquismo, paralelo a este que vivimos agora, empeñados e despegar o chapapote da miseria dos nosos zapatos. Un elemento importante para logralo, como comentamos Paco e máis eu, é a proposta de confluencia das esquerdas estatais e das nacionais en Galicia: Somos Maioría. A iniciativa busca un acordo coxuntural que busca rebaixar as cotas de poder da dereita e evitar a alteración contra natura do noso mapa representativo que sería Podemos.Partido Popular promoverá unha reforma electoral que busca aillar aos alcaldes conservadores e rexionalistas a respecto da súa formación, como se fosen axentes asépticos ideoloxicamente, polo que se precisa unha actuación conxunta do resto das forzas electorais para evitar sermos unha tecnocracia. A maiores, non resulta difícil intuír que Podemos é unha circunstancia, unha expresión de ira berrada polas clases medias e baixas, tan desasistidas polo auxilio público nesta crise. Esta mañá, levando a familia á estación de tren, mirei unha pintada: "Non se suicidou. O sistema capitalista levouno ao suicidio. Manuel DEP". Podemos é unha resposta semellante, pero menos desesperada e lesiva. A estrutura de Círculos lémbrame ao modelo de negocio de Zara, que quita o catálogo de primavera do 68 para que as rapazas de cada unha das cidades nas que está asentada debatan sobre a oportunidade de deseños equiparadores nos que non puideron intervir. A falta de estrutura e de cadros formados apunta a que Podemos será un sortilexio de afeccionados, unha invocación cándida ao desexable. Non durará alén uns anos. Porén, malia o seu carácter funxible, malia o seu reparo calado a considerar Galicia coma suxeito político de seu, conta cun peso na sociedade neste arestora é determinante. Deben ser tidos en conta no tempo de concordar candidaturas para os comicios de maio. A súa preparación para xestionar e a súa experiencia na administración non son comparables coas que poidan ter os representantes públicos conservadores ou socialdemócratas, pero sería un avance positivo que o mapa gubernativo se desprazase cara á esquerda e cara ao nacionalismo.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité