Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 janvier 2015

AS NORMAS E OS ARGUMENTOS

Estou en Roma, uso un teclado italiano; de ai esta grafia que enfureceria ao alonso montero màis acalmado. Venho de pasar por diante da sede do xornal Il Messagero. Observo medidas de seguridade extraordinarias: dous coches da Policia ocupan media estrada impedindo o paso ante o edificio. As medidas de seguridade son italianas: ambos os coches patrulla estàn cruzados de xeito que os axentes poden conversar entre eles abrigados pola calefacciòn, sen ter que abandonarse ao fresco da rùa. Entendo que esa sobreprotecciòn responde à Matanza do Charlie Hebdo, que rebaixa o dramatismo daquel San Valentino que foi o pistoletazo de saida de Al Capone. Estes dias andei pensando que medida educativa pode persuadir a uns homes relativamente novos para matar e relativamente novos para morrer abrigados pola bandeira do Islam; durmidos polas bandeiras do Atlético de Madrid ou do Deportivo, ou fantasiando con colectivizacions abstractas coma Espanha ou a Galicia precisada de redencion. Non o sei. Desconfio de que o sistema de valores e de garantias que tanto agradezo poida ser un mapa que acepten para vivir nun territorio no que se senten animais intrusos, coma se fosen cadelos que se perderon tras adentrarse nas rùas de portais nos que cheira à ourinha de cans con pedigri. O problema retòrcese cando asumimos que non buscan unha causa que dea sentido às suas vidas, senòn un modelo de vida disciplinada e ideal (marcados polas normas de pertenza a un grupo relixioso ou a un colectivo de animaciòn deportiva) que lles indique a direcciòn na que correr felices cara à sua destrucciòn fisica. As normas e os argumentos nada serven para quen procura un sentido e unha repercusiòn para a sùa morte. 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité