Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 février 2015

CONSUELO, CARMEN E OS ESPARADRAPOS EMBOZANTES

Mario-Savio-in-Sproul-Plaza-photo-1964-Warren-UC-Bancroft-Library

O esparadramento bucolabial paréceme incómodo en xeral. Conleva unha acto depilatorio posterio doroso e avermellante da zona cutánea afectada. Se se practica con intención de protesta política ten unha intencionalidade comunicativa que, temo, perdeu a eficacia toda por reiteración. Os parlamentarios do Bloque no Hórreo embozáronse onte porque se senten acalados, estorbados no seu intento de que o noso órgano de representación lles permita exercer unha representación con dignidade. Milleiros de votantes nacionalistas aos que representan os sete que se tapiaron a liberdade de discurso e algún milleiro máis de votantes de AGE por boca dos que falan outros sete foron sometidos polos representantes de moitos máis milleiros de votantes de PPdeG e PSdeG á humillación de que se lles reducise unha porción considerable do seu dereito a discrepar na cámara. Non quedaron con ela, senón que llela entregaron á UTE parlamentaria formada por Consuelo Martínez e Carmen Iglesias. Francisco Jorquera explicou que protestaban esparapadrándose os beizos porque se estaban vulnerando "o respecto e o pluralismo". A pluralidade vai medrar segundo un grupo aumenta a súa capacidade para expresarse en tribuna e en comisións. Eu incidiría na falta de respecto por parte de conservadores e socialistas cara ao Bloque e a AGE. Consuelo e Carmen, Carmen e Consuelo, ambas as dúas, cada unha de ambas dúas, pode ser un gran polo de atracción sufraxista, pero presentáronse ás eleccións incrustadas, como factores dunha suma que non alteran o resultado, en medio dunha candidatura. A súa lista levou o 9O% dos votos que levou por ter á fronte a ese Charlon Heston erguendo o caxato para separar as augas do Mar Vermello que é Xosé Manuel Beiras, coa súa melena e a súa barba ceibando ira e cinzas ao vento. E ambas as deputadas, Consuelo e Carmen, Carmen e Consuelo, dediciron crerse esa mentira para inocentes de que os pobos son que escriben a Historia, cando mesmo a Wikipedia, tan camarada, acabará un día por recoñecer que a Historia, os movementos políticos de peso son ideados e xestionados por elites. Se pasan polo Hórreo, por favor, fálenlles con normalidade democrática para explicarlles que o Grupo Mixto é como o Sandwidch Mixto ou o Colexio Mixto son amaños do postfranquismo, acomodos da Transición, carentes de sentido destas alturas das nosas vidas parlamentarias; aqueles de vostedes que poidan, susúrrenlles afablemente que carecen de toda razón política e mesmo de todo motivo moral para termar dunha voz parlamentaria.

Photo: Mario Savio in Sproul Plaza. 1964. Warren UC Bancroft Library

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité