Soñei co meu tío Santiago. Atopeino pola rúa. Cando faleceu pesaba máis de cen quilos, pero no soño camiñaba lixeiro, uns milímetros sobre o pavemento. Deume un abrazo cariñoso, pero breve e urxente. Díxome que tiñamos que reunir á familia agora que el estaba de regreso no mundo. Levaba présa. Buscaba un restaurante no que devorar o tempo extra e saborear un chuletón. A morte intensificara a súa convición vitalista de que debía de ser feliz, como se unha firma de coches de elite lle confirmase que a súa vida non tería sentido senón aceleraba de 0 a 100 en tres segundos. Non se preguntaba pola fustración de non poder acelerar eternamente, da decepción posterior a eses tres segundos. Os peixes teñen unha memoria que dura ese tempo, pero o meu tío posuía unha memoria de balea. Os gurús da autoaxuda enriquécense con libros e conferencias nos que nos invitan ao contrario: conformarnos co reparto que nos tocou na ruleta da fortuna, esa idea medieval que inspira os tarots baratos. O meu pai foi feliz dentro das posiblidades de selo: dun xeito intermitente e parcial. Ás veces soño con que remo nun chalano ata o faro de Burela e o atopo collendo percebes cun coitelo que o meu tío Santiago lle trouxera da Guinea Española. Nunca vin esa escena, contouma el. Con soños como ese logro ser feliz de modo completo, pero acabo espertando.
samedi 4 février 2017
BALEA
Posté par : Jaureguizar à 06:04 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : El Progreso, Francisco Jaureguizar Isasi, Lugo Inédito, Santiago Jaureguizar Isasi
Tags : El Progreso, Francisco Jaureguizar Isasi, Lugo Inédito, Santiago Jaureguizar Isasi
Vous aimerez peut-être :
Commentaires sur BALEA
- Moi bo. Felicitacións.Posté par manuel veiga, dimanche 5 février 2017 à 13:44 | | Répondre
Nouveau commentaire