Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
francisco jaureguizar isasi
28 octobre 2017

NOSTALXIA DE TODOS OS POSTOS FRONTEIRIZOS

NOSTALXIA DE TODOS OS POSTOS FRONTEIRIZOS
A MIÑA NAI chámase Itziar, pero un funcionario dos anos 30 cunha ringleira de formigas camiñándolle sobre a boca dedidiu que Itziar non era un nome, era un ladrido vasco. O señor gris perla improvisou un bautismo civil e secreto, como se ela fose criptoxudea....
Publicité
Publicité
1 mai 2017

A PERSPECTIVA VARIABLE DO CUCO

A PERSPECTIVA VARIABLE DO CUCO
O DOMINGO pasado consagreino a un torneo de fútbol. Todo o meu interese estaba centrado en ser pai, dun xogador. O sol bregou toda a xornada, polo que puiden pasear as horas polos arredores do estadio. Cando vexo herba, ese pelo que lle medra á terra,...
17 février 2017

A FROITA NON SE VENDE EN CAIXAS DE MEDICAMENTOS

A FROITA NON SE VENDE EN CAIXAS DE MEDICAMENTOS
NOS ANOS SESENTA o meu pai cometía a insensatez de apañar percebes nas mareas vivas de setembro. Aínda lembro o salitre tentador e o temor de velo desaparecer entre as rochas de Esteiro. Soxuzgaba a súa vida á ditadura das ondas altas. Coller percebes...
4 février 2017

BALEA

BALEA
Soñei co meu tío Santiago. Atopeino pola rúa. Cando faleceu pesaba máis de cen quilos, pero no soño camiñaba lixeiro, uns milímetros sobre o pavemento. Deume un abrazo cariñoso, pero breve e urxente. Díxome que tiñamos que reunir á familia agora que el...
21 mai 2015

CAFÉ E TABACO CON CHICHO SÁNCHEZ FERLOSIO

CAFÉ E TABACO CON CHICHO SÁNCHEZ FERLOSIO
O meu pai sabía que Rimbaud mentira cando asumiu que "vivimos e morimos de xeito moi distinto a como soñaramos e sen compensación ningunha". O poeta francés morreu cunha perna amputaba, entre febres, esgotado pola disentería que lle provocou a súa obsesión...
Publicité
Publicité
23 janvier 2015

OS DIARIOS DO BALONCESTO

OS DIARIOS DO BALONCESTO
Eu lanzaba unha Spalding á canastra no campo de baloncesto que había a vinte metros da miña casa. As dimensións daquela cancha eran indeterminadas: cativeiras para un campo regulamentario, pero excexivas para un de minibasket. Era setembro e era sol aínda....
14 décembre 2014

AS FENDAS NA CASCA DAS ABELÁS

AS FENDAS NA CASCA DAS ABELÁS
Tarde de cine con Sara e Antón onte. Fomos mirar Interestellar. Fascinante lección sobre o Ser o Tempo. Non deixo de lembrar a Heidegger en toda a proxección. Os protagonistas son seres tratando de escapar ás horas que os matan para continuar vivindo....
16 octobre 2014

ESPAGUETES

ESPAGUETES
Unha noite de hai trinta anos o meu pai estaba ceando nun prato de barro. A cazola era cativa. El parecía protexela co corpo, como se dese agarimo a un gatiño recén parido. O prato marróne estaba cheo de fíos grosos, como de lá branca, adornados cun par...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité