Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 février 2017

BRANQUIAS

150396_638552629495176_223424031_n-680x715

OS VECIÑOS DO QUE era Portomarín ata que se trasladou a un alto paraconstruír un encoro están afeitos a marchar das casas no verán por culpa das secas. Buscan algún remanso de auga río arriba. Agardan e regresan coa tempada das chuvias. Pero a ruindade do ceo neste inverno obrigounos a escapar fóra de tempada. Eu teño escrita algunha reportaxe cando se cumpriron os 50 anos do cambio de ubicación, en 2013. As persoas que quedaron na vila de abaixo comentaban que, ao primeiro, cando lles asolagaron as casas, todo eran problemas: os camiños estaban enlamados, as humidades nas vivendas eran permanentes e non había quen dese quitado agua dos pozos. O cura confesoume que levaba mal que os estandartes flotasen porque iso deslocía horriblemente as procesións. Pero todos recoñecían que se acabaran adaptando e en que vivir varios metros por debaixo do nivel da auga ten vantaxes, como que a temperatura mantese constante todo o ano, polo que excusan de prender as chimeneas. Non nacen moitos nenos porque non hai quen os cree, pero os rapaces do Portomarín vello son valoradísimos como buzos nas plataformas petrolíferas do Mar do Norte grazas á súa capacidade para mergullarse durante case media hora sen necesitar bombonas. Mesmo hai quen sospeita que están desenvolvendo branquias.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité