Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 février 2017

ORATORIO

Abandoned-Church-4e338ae2d9d3c_hires

A Igrexa lucense anda en tempo de desolación, que é impropio de mudanzas, segundo San Ignacio. Vin estes días unha pancarta diante do Pazo Episcopal de Lugo contra uns cambios de sacerdotes. Non lembro a ninguén manifestándose urbi et orbe na diócese polo traslado dun asistente social ou dun médico. Debe de ser que as necesidades e as doenzas do corpo carecen de trascendencia. O meu entusiamo espiritual difuminouse cando empecei a comprender as palabras que usaba o cura e a descifrar os seus ritos. A miña tía Charo conservaba as formas da fascinación. Dispuxera un oratorio na dependencia da súa casa asignada á criada. Charo non tiña servidume porque era forte e xuizosa, e non necesitaba que lle cortasen o bonito para o marmitako ou lle quitasen brillo á vaixela de Limoges que herdara do sogro, un industrial catalán da salgadura. Aproveitou a habitación para colocar un altar de advocación a Santa Eufemia, moi coqueto, e máis un reclinatorio. Ambas as pezas fíxollas un tallista que era novicio no mosteiro de Sobrado. Aínda conservo a carta en latín na que Charo lle fixo a encarga. A miña tía entraba no seu oratorio doméstico, axeonllábase e imaxinábase nunha misa preconciliar no  Trento do século XVI. Non lembro un recollemento comparable. Ao morrer ela, faltoume a  solemnidade espitirual e a miña fe volveuse evanescente. Nunca atopei ninguén que tivese tal comuñón de corpo e alma.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
É unha palabra moi bonita e humillada, concordo.
Répondre
M
Moi bo. <br /> <br /> Por certo, pena que se estea a perder a palabra reclinatorio. Ocórrenseme varios ámbitos, diferentes do relixioso, nos que se podería usar.<br /> <br /> Saúdos.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité