Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

20 janvier 2006

MURAKAMI FAILLE AS BEIRAS A KAFKA

Desculpen que hoxe abra tan tarde. É que me chegou un novo Murakami e esquecín do local. Se prefiren compartir barra cun inglés, poden facelo.
Publicité
Publicité
18 janvier 2006

ENTRE 'TIC TAC' E 'TRECE BADALADAS'

Suso de Toro terá novela do trinque para primeiros de febreiro. Entregarallo daquela á súa tradutora para que o publique Lumen en español no mes de maio. Un mes antes, poderemos lelo na versión orixinal; en Xerais, claro. O escritor avanza que o libro...
17 janvier 2006

A MÚSICA DO AZAR

A música do azar cesou de soar no noso sistema literario. Galaxia conseguiu os dereitos de Brooklyn follies tras os que andaba outra editora nacional. Carlos Lema, agora galáctico xa editara a Auster en Sotelo Blanco. Xa lles contara que o primeiro idioma...
16 janvier 2006

SUECIA NO MEU SALÓN

Agora que vivo en Suecia dentro do meu salón, busquei algo de literatura sueca alén da consabida. Os suecos son desleixados e teñen unha certa preguiza vital (as tendas na rúa máis comercial de Estocolmo abren de 12 a 4 da tarde); os suecos con visitantes...
13 janvier 2006

UNHA VOLTA DE FERNÁNDEZ PAZ

¡Vaia medo, mamá Raquel! non é o mellor que lle lin a Fernández Paz. Empeza dun xeito moi agardable. Con todo, o presidente da República da LIX sabe darlle a volta contra a fin e resolver moi satisfactoriamente. O talento acaba sempre por agromar. Fran...
Publicité
Publicité
12 janvier 2006

COMPROMISO

¿Temos que repoboar Chechenia con serbios para que os nosos intelectuais denuncien o xenocidio que están perpretando os rusos ou abonda con que sexa bombardeada pola Otan?
11 janvier 2006

NOVO EMBAIXADOR

Alfonso Sobrado Palomares será o novo director da Casa de Galicia. Presentei a miña novela máis desapercibida na nosa representación diplomática en Madrid. Moita actividade hai que facer para xustificar ese gasto.
10 janvier 2006

A PROVOCADORA CRÍTICA DE EYRÉ

No último número de A Nosa Terra, Xosé Manuel Eyré publicou unha crítica da novela Cabaret Voltaire. Lina coa mesma devoción discípula coa que leo os outros seus traballos seus. O principio pode ser máis provocador, mais habería que esforzarse abondo:...
9 janvier 2006

CAIXA MASOQUISTA SOBRE 'CABARET VOLTAIRE'

Prezados clientes: O bote das propinas foi habilitado para as súas suxestións acerca da novela matriz deste local. Opinen logo sobre o libro Cabaret Voltaire:
9 janvier 2006

OLLO MOL

O Ideal Gallego tivo a ben acoller un artigo meu da serie Ollo Mol entre as súas cálidas páxinas. É o mesmo que publico os domingos no Progreso. Os clientes deste bar que, malia todo, non acaben de estar saciados de jaureguicismo, poden lelo aló.
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité