Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 février 2011

ACTRICES

Truman Capote tirou a derradeira caixa de pílulas pola ponte de Brooklyn abaixo. Aseguroumo esta madrugada en Studio 54. Xuroume que asustara en 1962, cando descubriron o frasco de hidrato de cloral onda Marilyn morta, pero non se dera quitado. Estes días as novas fotografías e máis o libro que vén de publicar o forense que a diseccionou axitaron violentamente o seu corazón “Esas fotos son horribles, aínda non sei quen demo autorizou a publicalas”, confesoume lembrando o enterro da actriz Constanze Coller. Aquela mañá de 1955, Marilyn chegou desmaquillada ao sepelio porque non lle convenceran o rimel nin as pestanas postizas con que se adornara na casa. “Non perdía 'charme' ao natural, tes que creme”, apuntou. O escritor deu un sorbo torpe e tremente do seu 'margarida' e continou rosmando. Mentres miraba na pista a Mick e Bianca Jagger, bailando novos e salvaxes, queixouse porque incomodasen a un cadáver medio século depois. Eu acordei da rapaza de club que asasinaron en Sober. Ignoro se era guapa ao natural. Nunca levaba cartos, pero non reclamando o convite, coma Marilyn nese papel de Raíña Nai que lle reprochaba Capote. Aínda se debate entre se a mataron á actriz ou ela decidiu lanzarse de cabeza ao frasco do esquecemento. A prostituta soamente aspiraba a acordar na mañá, pero acabou cun papel en 'Ninguén falará de nós cando esteamos mortas'.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité