lundi 28 février 2011

ESTA WEB XA NON ESTÁ OPERATIVA

Flocos.tv
Posté par Jaureguizar à 20:40 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 27 février 2011

UN PICNIC EN PLENA CIDADE

Galicia é un país moi de picnics, aínda que aquí lles digamos ‘romarías’. O galego tira ao monte e a comer en tropel, aínda que teña que sentar nunha bancada de piñeiro e teña o plástico como referente na vaixela. O malo é aturar medio ano de choiva para gozar medio ano do verde dos montes. Mahoma, un señor práctico, asumiu que se a montaña non vai onda el, deberá ser el quen acuda á montaña. Inspirado nese aserto, o cociñeiro xaponés Yoshihiro Nariwasa reproduce un bosque no seu restaurante. Narisawa foi o máis suxerente do recente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 27 février 2011

OS ACTORES PECHARANSE NA CATEDRAL PARA INFORMAR DE QUE 'SOMOS PATRIMONIO GALEGO'

Vicente Plaza, en Galicia Hoxe:[Se a Asociación de Ac­tores e Actrices de Galicia (AAAG) non "ve movemen­tos nin vocación por parte do presidente Feijóo para buscar solucións" ós problemas do sector, fa­rán público ante a socie­dade galega un manifesto no transcurso dun ac­to multitudinario ademais dunha roda de prensa na Catedral de Santiago. A plataforma que se cons­tituía para "salvar o audio­visual e o teatro" convocará os medios informativos e realizará "un peche sim­bólico no edificio máis sig­nificativo de Galicia". Baixo a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:54 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 25 février 2011

PASMIDESOLT

O XENERAL RUSO Kornilov acordoume onte pola noite. Estaba fritindo un ovo e calculando o que me subiría o custo de produción da cea por mor de Gadafi. A teima do ditador en esganar o seu país a milleiros de quilómetros da miña casa fará subir o prezo do gas para quentar a tixola. A maiores, deberei sumar o que repercutan os transportistas dos ovos, o aceite e o sal. Acordoume Kornilov porque suprimía a disidencia na Rusia de 1917 ordenando ametrallala. Daquela, non dispoñía de bombardeiros, coma Gadafi. A culpa de que se me encareza a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 24 février 2011

ELEXIR BEN O FERRO

Frank Sinatra non xoga mal ao golf. Eu non teño maña, polo que me ofrecín a guiarlle o cochiño polo campo de Desert Spring Sport, do hotel californiano Marriot, onde vive retirado. Mentres ía conducindo, púxenlle no móbil a actuación de Lucía Pérez na final de 'Destino Eurovision' cantando '¡Que me quiten lo bailao!' Sinatra preguntoume que era Eurovisión antes de premer no comezo do vídeo. Escoitando á rapaza do Incio poñía cara de contradición. Notábaselle que había algo que non lle cadraba. A letra ten un rimado estrambótico, pero... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 24 février 2011

HENRY JENKINS: "LOS FANS SERÁN EL EPICENTRO DE LA INDUSTRIA CULTURAL"

HENRY JENKINS fala para La Vanguardia nunha información de Meritxel Panué: [Tras un sistema económico siempre hay un sistema moral, unos valores sobre qué está bien y qué está mal. Y está claro que la distribución gratuita de contenidos por internet ha alterado el modelo económico vigente, por eso tenemos a la vez un dilema moral. En estos 10 años hemos visto como la industria legitimaba su punto de vista llamando ‘piratas’ a los que distribuían ‘sus’ productos culturales. El público también ha intentado legitimarse a través del... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 21 février 2011

O SEGUNDO TIRO, POR AMOR

ARCADI ESPADA meteu a Javier Cercas nun burdel de Arganzuela, un lugar que así, lido a secas, soa a estar moi necesitado de amor. A verdade é que os lupanares foron de sempre espazos de recreo frecuentados polos escritores; sobre todo, como fornecedores de bocadillos ás catro da mañá. Agora o negocio mudou a unha repugnante explotación de raparigas importadas, polo que non imaxino a ningunha persoa en pleno uso das súas capacidades lectoescritoras -coñecedor, daquela, do cambalache-, dándolles uso. A historia naceu coma un xogo de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
lundi 21 février 2011

JEAN DANIEL: "LOS PADRES LUCHARON POR LA INDEPENDENCIA EN EL MAGREB, LOS HIJOS QUIEREN EMIGRAR"

JEAN DANIEL cóntalle a Josep María Ridao, en El País: [En el del anticolonialismo, el otro rasgo fundamental de la aventura personal e intelectual de Jean Daniel, la palabra correcta, en cambio, es la de fracaso. "Fracaso personal", insiste. Y lo ilustra a través de la cruel paradoja a la que se enfrentan las generaciones que lucharon contra el colonialismo. "Hubo gente que dio la vida por la independencia de su país y cuyos hijos y nietos, hoy, no tienen otro sueño que abandonarlo". Quizá las revueltas de Túnez y... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 06:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 20 février 2011

COMO FÓRA DA CASA EN NINGURES

ALGUNHAS DAS gallufadas máis intragables ás que sometín o meu corpo inocente e sumiso viñan avaladas pola garantía ‘comida caseira’. A fame empuxa a abismos nos que nunca temeu un que caería. Baixo o anuncio-trampa, que diría Mayor Oreja, de que cociñan coas receitas e o agarimo da túa nai colócanche pratos de elaboración sinxela, de tortuoso paso por boca e un retrogusto que non borra nin a augardente de Portomarín. A cociña caseira lévame a desconfiar porque teño xantado toda sorte de viandas recén desconxeladas nestes xantares... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
samedi 19 février 2011

OLIVIA RODRÍGUEZ: "DE TORO QUERÍA BORRAR A RISCO DA FOTO"

OLIVIA RODRÍGUEZ, a respecto dun artigo de De Toro, en El País: [De Toro quería borralo da foto, para que o noso pasado político e cultural quede, tras a operación de estética, máis presentable. Non vaia ser que nos afecte de portas adentro e afora. (...) De Toro fai un duro retrato de Risco con descualificacións que son primeiro físicas e terminan sendo morais, ideolóxicas, racistas e ata existenciais, pois négalle como suxeito un lugar no mundo. Toro odia a Risco, e ten perfecto dereito a facelo. Pero esquece que non pode... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:52 - Commentaires [5] - Permalien [#]