Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 avril 2011

O RELOXO DE CUKOR

ORSON WELLES explícallo de xeito sólido e terminal a Joseph Cotten en O terceiro home: «En Italia, trinta anos de dominación dos Borgia houbo terror, matanzas e guerras, pero xurdiron Miguel Anxo, Leonardo e o Renacemento; en Suíza tiveron 500 anos de amor, democracia e paz. E cal foi o resultado? O reloxo de cuco». O noso audiovisual está no peor momento, non hai un can para se financiar, moreas de descargadores pensan que o cinema é un supermercado no medio dunha revolta, pero estamos producindo máis e mellores películas que nunca. 18 comidas, Crebinsky e Retornos son a selección de tempada. Canda elas, avanzou A tropa de trapo e Tosar, Castromán e Riós xa nos anuncian a superprodución Galaicus. Durante a gala diferida dos Mestre Mateo, escoitamos o reiterado miserere de que o cinema debe ser tratado polo Goberno de Santiago como sector estratéxico. Se queremos dar o salto, a maiores de exportar leite e roupa, temos que vender ideas, porque internet é máis barato co Ave. A nosa escea fílmica nunca dispuxo dunha terna desa dimensión que chamase polo público. Se o resultado é este, deberíamos manter a falta de planificación que denunciaban os realizadores e a crise prepetua. A ver se en vez de cuco, temos un Cukor.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité