lundi 11 avril 2011

HOLANDA LEXISLA Á MODA DE SINDE

EFE: [Holanda acaba de lanzar unha cruzada frontal contra a piratería de música, vídeos e libros electrónicos en Internet: o país dos tulipanes pretende ser un dos mellores exemplos mundiais no respecto dos dereitos de autor na rede. O goberno da Haia prepara unha nova lexislación que prohibirá expresamente as descargas ilegais desde a Rede, segundo confirmou hoxe o secretario de Estado holandés de Xustiza, Fred Teeven. Probablemente, desde o próximo mes de setembro porase punto final á posibilidade de que os usuarios holandeses... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 10 avril 2011

A COTA NECESARIA DE DÚAS ACADÉMICAS

A RAG leva anos actualizándose, aínda así ten unha lastra escura que debería remover canto antes: a escaseza de mulleres. Xa somos 300 os que pedimos que as dúas cadeiras por cubrir sexan para académicas. A cota é precisa para reequilibrar esta anomalía.
Posté par Jaureguizar à 17:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 10 avril 2011

MACHO 256, LUNA 101, BRANCO 19

Xornal: [O produtor, distribuidor e exhibidor Enrique González Macho as eleccións para presidir a Academia de Cine, impoñéndose con 256 votos ao cineasta Bigas Luna que conseguiu 101. En branco rexistráronse 19 votos. O fundador de Alta Films e propietario dos cines Renoir releva no cargo a Álex de la Iglesia, mentres que a actriz Marta Etura e a directora e guionista Judith Colell, que concorrían con González Macho na mesma candidatura, ocuparán os cargos de vicepresidentes primeiro e segundo, respectivamente, en substitución de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 10 avril 2011

NINGUÉN FALA SOBRE NÓS

XOSÉ CARLOS CANEIRO aseguraba a semana pasada que «os escritores galegos somos pouco máis ca biografías». A reflexión é interesante, pero nin estou certo de que trascendamos rexistros vitais nin estou certo de que debamos transcendelos. Tendo en conta que a maioría dos autores deste país gozan de experiencias vitais trazadas por rutinas homologables á de calquera, mesmo estamos de máis como biografados. Non quixera desmerecer a apreciación de Caneiro, pero non somos Hemingways buscando a cara bifronte do Ianus da morte e da aventura... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
samedi 9 avril 2011

FILOSOFÍA ÁS FINAS HERBAS

UN AMIGO que estudaba Filosofía en Santiago deseñou para min unha imaxe belísima. Contou que Nietzsche toleara de xeito tan exacerbado contra a fin da súa vida que se botaba ao campo para bailar cun tutú. Nunca dei comprobado ese conto, pero tampouco me importou. Esta semana René Redzepi voou ata Vitoria co seu equipo -un portugués, un norteamericano, un sueco, un australiano e un británico- como se fosen forzas das Nacións Unidas interpoñéndose entre os partidarios da culler e os partidarios da escuma, entre os sobrios aos que acouga... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
samedi 9 avril 2011

POUCAS MULLERES, NINGÚN LIX

Héctor Pena conta en Xornal: [O manifesto presentado por 52 escritoras demandando unha maior presenza feminina na Real Academia Galega (RAG) deitou luz sobre unha realidade de sobra coñecida: das 26 cadeiras que hoxe están ocupadas na Academia, tan só catro están ocupadas por mulleres, o que supón un 15,38% de representación feminina sobre o total do plenario da institución. Non obstante, a minorización da muller no eido académico non é exclusiva de Galicia, pois no resto do Estado a situación é moi similar. Así, as institucións... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 8 avril 2011

GALIÑAS ANTES CA PROSTITUTAS

James Ellroy chamoume no abrente. Imaxino que se despistaría polo cambio de hora porque el vive en Los Angeles, onde escribe novelas sobre os extremos de perversión e egoísmo que poden acadar os homes. James salfire o seu fraseado con palabras bruscas que lle avivan o ritmo da fala, pero que eu non podo reproducir por pudor. Ellroy interesouse sen ese pudor meu polo que estaba acontecendo “na pequena cidade galega da muralla”. Dese xeito me preguntou porque non se lle acordaba o nome. Aínda que, cando llo dixen, retrucou que era... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 8 avril 2011

ACTUABLE: "SALVADOR SOSTRES Y EL MUNDO DEBEN DISCULPARSE"

ACTUABLE: [En la edición del 7 de abril de el diario El Mundo aparece un artículo de opinión en "El Mundo" de Salvador Sostres llamando "chico normal" a un presunto joven asesino de una joven embarazada de 19 años. Solicitemos ahora al Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad- que actúe contra El Mundo y Salvador Sostres. Pidamos al periódico que pida disculpas públicamente. El colaborador de El Mundo Salvador Sostres ha afirmado frases como estas recogidas como cita textual: "....es normal que pierda el corazón y la cabeza,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 8 avril 2011

ÁS CARREIRAS POLAS CADEIRAS (Reemisión)

Recupero Ás carreiras polas cadeiras, un artigo que escribín o pasado 7 de marzo sobre a necesidade de que medre o número de académicas pola actualidade do asunto: [Sería un paso adiante que tres mulleres -hai ruxe ruxe coa propia Aleixandre, Dolores Vilavedra e María Xosé Queizán- ocupasen as tres prazas libres na casa Pardo Bazán. Será inevitable que os sectores máis adormentados polas feromonas macho conclúan que é unha cuestión de xénero, pero nese xogo de corredores dando voltas a un grupo menor de cadeiras hai consideracións... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 8 avril 2011

OKUPADOS NO MILLÓN DE EUROS

Juan Gómez, en El País: [El lobo del emblemático Tacheles llegó el martes con la chequera rebosante: un millón de euros para los okupas que llevaban la cafetería y los bares del ruinoso edificio. Tras 21 años, innumerables alarmas de desalojo, amenazas de desahucio y subastas frustradas, el viejo bastión del movimiento okupa inmediato a la caída del Muro pierde la mitad de sus inquilinos. Nadie sabe a ciencia cierta quién pone el millón de euros que se embolsan los ya exokupas de manos del bufete Schultz&Seldeneck. Entre empleados... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]