As intencións que vai desenvolver Rajoy a partires do 21N eran coma a sexualidade de Falete: todos a coñecíamos, pero non acababa de formulala. Ao cabo, foi contándonola na prensa estranxeira para ir preparándonos para o apretón. Onte pediu o voto para o Partido Liberal deixando ao aire en dúas palabras as raigames da súa execución gubernamental. Responderá a vella metáfora económica do tren: desenganchará os vagóns de cola para que a locomotora tire con máis forza. O avance será máis rápido, pero unha parte da poboación quedará desenganchada, ou mellor dito, enganchada nun bucle de miseria.
(Foto: Amsel Adams)