Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 novembre 2011

ARIAS CAÑETE É UN PASAXEIRO DE ÚLTIMA CHAMADA

O EXMINISTRO do PP Mfly-2iguel Arias Cañete é un pasaxeiro de última chamada ao que lle sae o avión: "Hai que pasar por riba dos requerimentos legais porque os mercados non agardan". Como aquela primeira vez que visitabas Madrid e a túa moza autóctona che alentaba a saltar canda ela o control de billetes no metro. E ti, novato en transportes públicos e en namoramentos privados porque viñeras de Ribadeo, botabas unha carreiriña de can pasando por riba da barra lixeiro e poderoso coma Usain Bolt. En Lugo aínda non temos metro, debo pagar por cada servizo que uso. Aceptei, logo, someterme a un plan constrinxido de aforro. Informeime sobre o libro de Scott Fitzgerald 'Como sobrevivir con 36.000 dólares ao ano'. Se un dandi aforraba así, eu, máis apañado, debería dar. O novelista recibiume nunha noite de 1923 tal e como me recibiría o Gran Gatsby: de pé onde a cheminea, vestindo unha longa bata de seda e termando dunha copa de coñac que semellaba un globo anano atrapado ao voo. Scott explicoume que mercara unha libreta da contabilidade. O plan convenceume: a casa custaba 300 dólares ao mes, a lavandeira cobraba 36 e unha canguro levaba 90 euros. Se este aforro era importante, quedaba o máis eficaz. Por 160 dólares contaban con mordomo, chófer, xardineiro, cociñeira, ama de chaves e doncela. Todo grazas ao pluriemprego de dúas persoas. Non hai como organizarse.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité