Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 novembre 2011

FRANCO, BACK IN THE USSR

urss1O título da película aclara que estamos a mediados dos 90 en Rusia. Dous delincuentes con zamarras de coiro rouban cinco quilogramos de heroína ao xefe. Na seginte escea, ambos os homes aparecen traxados desempeñando pulcras labouras de funcionarios no Kremlin. O pullitzer David Remnick válese de Zhmurki, para describir a mudanza veloz da ditadura comunista ao capitalismo wildwest en La tumba de Lenin (Debate). Serviría tamén para facer un resumo da transformación da democracia española nunha ditadura máis española en 1939. Como hoxendía non existen debates outros que Standar & Poor e o penalti anulado a Messi, se nos afea que tratemos de cuestionar a permanencia dun mausoleo a un home tan ansioso do poder que mandou asasinar e torturar a milleiros de persoas. Disque o tema "non toca", pero hai moito aos que nos toca. Os restos de Bin Laden afundiron no medio do océano e propio Franco dispuxo que a casa natal de Sabino Arana en Bilbao fose desmochada ata deixar o solar limpiño coma un San Luís para evitarse un santiario. Apliquemos, logo, a súa lóxica para non ter que morder nunca máis os beizos cando nos louben ao xeneral máis novo de Europa -con toda a morte que leva esa distinción levou canda si- ou cando, sinxelamente, un partido democrático cambie de tema cando lle pidan unha condea. As inmensidades xeadas de Siberia revélanse unha tumba axeitadiña para esparecer esas cinzas de cor tan gris escura.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité