Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 décembre 2011

UN VOO A MARTE CON RYANAIR

ZiggyStardustAs estadías en Marte teñen as súas vantaxes. Encántame botar un tempiño aquí todos os anos. Nunca imaxinei tanta oferta para o lecer ata que a 'Guía turística de Marte' (Akal), de William K. Hartman, mudou a miña perspectiva. Neste planeta atópanse sorpresas excepcionais. Agora estou gozando mirando as estrelas no medio e medio do día. Neste planeta excusas de agardar a que anoiteza e o alcalde decida apagar farolas por mor da crise e a excusa da contaminación lumínica. Aínda que todo ten a súa banda negativa, mesmo ser xenro do Rei, que, mirado dende fóra, parece unha actividade envexable. A parte negativa de debuxar constelacións coa luz diurna é percorrer un camiño ascendente ata os 21.000 metros de altura á que se atopa o punto máis alto deste oceánico bandullo que é monte Olympus. Recoñezo que esaxero porque a gravedade aquí é a terceira parte da que padecedes na Terra. Nunca pensara en viaxar a Marte porque lera que me representaría botar dous anos nun couso a un prezo imposible, pero non hai desprazamento estrano que non apañe Ryanair. O único que me preocupa agora, instalado neste paraíso, é que Feijoo e Rueda non me adianten as eleccións porque non fixen as xestións para votar por correo electrónico e a cobertura de R non chega ata aquí arriba tan eficazmente como debería. A ver se é cousa de chamar ao antenista...

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité