PAULA PRADO, A INCRIBLE MULLER MINGUANTE
Paula Prado parecíame un achado do Partido Popular. As súas cualidades eran estranas na política galega. Daba ben en cámara e era quen de expresarme con soltura razoable en galego malia o seu perfil capitalino e pentavogálico. As mensaxes non melloraban as catro ideas forza redactados polas personas con ideas da súa formación, pero a mocidade, a beleza e a capacidade para pronunciar as palabras de xeito intelixible convencérome para aceptar que fora unha elección acertada de Feijoo. Pero, claro, os regalos de la hostia, poñer o ventilador dos fondos públicos a soprar a favor de amigos e familiares; todo iso, claro... Son dous meses anulando comparencias, acurtando as frases ata o silencio final Dous meses de afasia, en política, contan con cen anos de soedade. Sempre outro soldado disposto a ocupar o teu posto na fronte, prietas las filas. E prometía, claro...