Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 novembre 2014

UN FULGOR ANTIGO

Warsaw 1946

A morte de Cayetana de Alba deu para falar moito sobre ela, pero, sobre todo, para falar sobre nós mesmos. O pasamento da catorce veces Grande de España forzounos a revivir a morriña por un mundo perdido e irrecuperable. Os cidadáns estamos agradecidos aos ilustrados do século XVIII por teorizar a equiparación de todos os seres humanos. Esa gratitude convive nos nosos corazóns co rancor por ternos guillotinado os referentes sociais. Sospeitamos que os nosos antergos remotos eran máis felices porque vivían nunha orde social vertical. A nobreza residía nunha esfera bela e inaccesible que flotaba sobre as cabezas do pobo. A duquesa de Alba era a última habitante da esfera. Soubo  intuír que a esfera estaba caendo. Asumiu que debía asomarse ao noso mundo.  Foi o seu xeito de facer patente que unha parte da súa natureza era humana. Algunhas noites, descendía dende o seu xardín plantado en flores de lis e habitaba entre os beneficiarios da Ilustración. Zapateaba os nosos zapateados e metía a culler nos nosos cocidos. Rematada a festa, tras a breve visita ao igualitarismo, a duquesa ascendía de volta á esfera hermética na que tiña un fogar ao que non renunciou. No pasado agosto, a familia Medinacelli devolveu o palpitar á torre de Torés, en As Nogais. Celebrou unha comuñón. Nós celebramos a ledicia de que nos volvese cegar un fulgor procedente dende un tempo arcaico, as luces do amencer do Universo que buscan os astrónomos.

Photo: Warsaw, 1946.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité