Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 décembre 2014

SALIVAR PATADAS

KKK

HAI EXPERTOS na prehistoria que aventuran que os homo sapiens mataban neandertales para evitarse a competencia na obtención de alimento. Mesmo engaden que poderían ter comido as vítimas a causa de que vivía nun ámbito de escasos recursos. Daquela, a violencia era máis intensamente cruel que agora, pero explicábase por unha función de supervivencia. Os habitantes das cavernas do Courel aplicarían a brutalidade sobre os animais, pero soamente para comelos. Iván Pavlov fixo un experimento psicolóxico con cans. Antes de servirlles comida, tocaba unha campá. Os cans acabaron identificando o son coa comida. Soamente con que escoitasen unha campá  salivaban. Hai sapiens modernos que acabaron identificando a violencia co fútbol e abonda con que haxa un partido para que salivasen ganas de dar golpes. Un sapiens non mataría un neandertal porque preferise a cor branca con franxas azuis ou vermellas. Non entendo a trascendencia de que na Batalla do Manzanares fose convocada por whatsapp ou fose unha emboscada. Aínda nese segundo caso, os agredidos non foron elixidos de xeito aleatorio, senón por considerar excitantes as patadas e as puñadas. Álex, o brután de A laranxa mecánica, pregúntase «eu, eu, eu. Que hai de min? Onde entro en todo isto? Son un animal, ou un can? Non son máis ca unha laranxa mecánica?»

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité