dimanche 30 mai 2010

A ESTRADA A NINGURES

David Byrne denunciou ao gobernador de Florida por andarlle na estrada a ningures. Nesas tamén anda Siniestro cos pilinguis. Ignoro o que procuran os políticos con isto de botar man do traballo alleo sen preguntar. Supoño que a denuncia duplica o eco da campaña.
Posté par Jaureguizar à 23:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 30 mai 2010

SETE PALABRAS ABONDAN A SUSO DE TORO PARA QUE A CRÍTICA LLE PREMIE POR UNANIMIDADE

Suso de Toro, obtivo o recoñecemento dos Premios da Crítica de Galicia na modalidade de Creación Literaria polo seu libro Sete Palabras. O xurado valorou que “é unha obra na que se recolle a súa evolución como escritor, respondendo ás esencias galegas sen renunciar á universalidade”. Tamén o “tratamento de temas fundamentais, como a memoria, o auto-coñecemento e a referencia ao pasado como fórmula para entender o presente e proxectar o futuro”.
Posté par Jaureguizar à 21:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 30 mai 2010

PEDRO ARIAS E O SEXO ESCURO

AS INTERVENCIÓNS do deputado Pedro Arias fan que ás veces a sede do Parlamento galego semelle o Cirque du Soleil. O mesmo aparece polo pazo do Hórreo en chándal e zapatos -«arreglá, pero informal», cantaba Martirio- que se refire ás mulleres coma «o sexo escuro». El xa informou, diante da indignación xeral, que estaba citando a Freud. Padeceu un lapsus linguae, porque o psicoanalista cualificou a condición feminina como «o continente escuro». Os expertos deducen que o doutor vienés sinalaba que a muller está condenada a habitar nun... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:24 - Commentaires [3] - Permalien [#]
samedi 29 mai 2010

GALICIA CONFIDENCIAL: "CANEIRO VERSUS JAUREGUIZAR"

Galicia Condifencial: [Isto é o que leva acontecendo desde hai meses entre Santiago Jaureguizar e Xosé Carlos Caneiro. Unha lea que xa ven de vello, precisamente, polas agarradas que Caneiro tivo con outros escritores. De feito, os dous romperon definitivamente cando o escritor de Verín se referiu a Jaureguizar como "un redactor de escasa lucidez e ínfimo talento" logo de que este falara doutra polémica que Caneiro tivera con Rivas. Desde entón tanto un coma o outro non dubidan en adicarse artigos e post para criticarse... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:40 - Commentaires [9] - Permalien [#]
samedi 29 mai 2010

VICENTE BLANCO: "INSPIREIME NA ARQUITECTURA DOS COLONOS CHAIREGOS"

Vicente Blanco Mosquera gañou o premio de Artes Plásticas da fundación María José Jove cun collage "inspirado na paisaxe e arquitectura da provincia de Lugo". A peza 'Contrato para paisaxe', feita con tinta e papel recortado sobre cartón, impúxose a outras 355 chegadas de todo o mundo. O artista, natural de Santiago e profesor da escola de Maxisterio de Lugo, gañou este galardón para artistas novos que conta cunha dotación económica de 12.000 euros.
Posté par Jaureguizar à 00:37 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 27 mai 2010

EMILIO CAO: "ENCANTOUME A CANCIÓN QUE ME DEDICOU SINIESTRO TOTAL"

Entrevisto (en galego) a Emilio Cao: P: A esa repercusión contribuíu decisivamente a canción Yo quiero ser Emilio Cao, de Siniestro Total. Como a recibiu vostede? R: Eu? ¡Foi positivo! Encantoume a letra porque está no punto medio. Hai xente que me di: «Vaia putada que che fixeron!» e outros que me din: «¡Que canción máis chula!». Coincidimos nun estudo en Madrid gravando os dous. Colaborei no seu disco e eles fixeron coros no meu. Son un privilexiado.
Posté par Jaureguizar à 16:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 27 mai 2010

A LIÑA DA FELICIDADE

O PINTOR JOAN Miró dixo que «unha simple liña pode levar á felicidade». A felicidade para min é saír á rúa en bata e pixama de seda para mercar o xornal, peituga de pavo e mazás ao xeito de Truman Capote en Palamós. A felicidade era para o bebé de Briatore que un iate o arrolase coma un berce mentres a nai, Elisabetta, lle cantaruxaba a ‘Nana de la cebolla’ de Miguel Hernández —«no sepas lo que pasa ni lo que ocurre»—. Pero a felicidade é a cousa máis fráxil do mundo e veu a Facenda italiana confiscar o barco de Briatore. Elisabetta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
mardi 25 mai 2010

JULIÁN MUÑOZ EN 'RICARDO III'

Ás VECES boto en falta o amor que ardía nos vellos folletíns. Agora eses romances, eses celos e esas traizóns incendian os platós televisivos. Estou seguindo con devoción, entrega a entrega, Isabel Pantoja: la traición, un drama con tres personaxes principiais: Julián Muñoz fai de galán maduro; as actrices Maite Zaldívar e a propia Pantoja, de esposa e amante. Son tempo catódicos e xa non volverá aquel récord de Dickens vendendo 200.000 exemplares de Conto de Nadal cun 25% de ingleses alfabetizados.Quen escribe agora os folletíns son... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
lundi 24 mai 2010

MARTE 500

A PATRIA DO home é o lugar no que aprende a nadar. Cando eu era neno aprendíamos no mar. Agardábamos a que sete ondas altas se deitasen sobre a area para dar unhas brazadas torpes que nos confirmasen avances no croll. Agora os nenos empezan a chapuzar nunha piscina. Nós aprendiamos a vida no escenario no que se ía desenvolver, non en incubadoras acuáticas. Todos tendemos ao simulacro, ao risco controlado. Carlos Negro escribe no libro ‘Abecelbú’ que «o perigo é o irmán da aventura». Nós preferimos o ‘Gran Irmán’, a realidade... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:45 - Commentaires [3] - Permalien [#]
Tags : ,
vendredi 21 mai 2010

"ESPAÑA ATÓPASE ÁS PORTAS DA INVOLUCIÓN"

Artigo conxunto de sesenta columnistas cataláns: [Mentres que outras democracias do mundo desenvolvido se esforzan en resolver a súa convivencia multinacional a través do recoñecemento constitucional do seu pluralismo nacional interno e de varios modelos federais de autogoberno e de goberno compartido, España corre o serio perigo de querer pechar xudicialmente un contencioso que só se pode abordar, xestionar e resolver en termos políticos e con vocación de futuro. Coa anunciada sentenza dun Tribunal Constitucional caduco, dividido,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:35 - Commentaires [2] - Permalien [#]