Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
31 mars 2011

O FANTASMA DE MEIRÁS

Deuseme en visitar o pazo de Meirás esta madrugada, cando estaba pechado a eses intrusos que queren se lle devolva a Sada o que lexitimamente se gañou a culatazo de mosquetón. Andaba eu pasmando por un salón cando se me apareceu Franco. Non me meteu medo a apariencia, ben distinta á que amosaba nas fotos que lle quitou o xenro no hospital, que parecía un espárrago liofilizado. Os fantasmas amosan o aspecto de cando un suma unha idade mediada. O Franco que se me apareceu tiña un bandullo redondo duns 40 anos. O malo dos espíritos é que non lle cambian as cordas vocais, polo que me inquedou sentir unha voz de vicetiple anunciándose tras un cortinón. Eu saudeino como se nada, pero non estou afeito a que se me aparezan tiranos en pixama de raias finas. Confesoume que andaba alí agochado porque estaba “abrumado pola señora”. Eu logo pensei en dona Carmen. “Debe de ser mala aturar: capricho tras capricho”, compadecín. “Non, é dona Emilia, que me acosa dende que se lle estragou a biblioteca nun incendio”. Franco contoume que a Pardo Bazán impídelle durmir unha noite enteira. Afirmou que por el viviría no Pardo, pero que a muller teima en usar Meirás para que non llelo expropien. O ditador confesouse resignado a escapar polo pazo adiante tras o solpor. Mesmo tivo un detalle de humor: “Soamente falta que veñan a neta e máis o José Campos”.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité