jeudi 31 mars 2011
O FANTASMA DE MEIRÁS
Deuseme en visitar o pazo de Meirás esta madrugada, cando estaba pechado a eses intrusos que queren se lle devolva a Sada o que lexitimamente se gañou a culatazo de mosquetón. Andaba eu pasmando por un salón cando se me apareceu Franco. Non me meteu medo a apariencia, ben distinta á que amosaba nas fotos que lle quitou o xenro no hospital, que parecía un espárrago liofilizado. Os fantasmas amosan o aspecto de cando un suma unha idade mediada. O Franco que se me apareceu tiña un bandullo redondo duns 40 anos. O malo dos espíritos é que... [Lire la suite]
jeudi 31 mars 2011
CALIGRAFÍA
O NENO escribía recto con renglóns tortos. As profesoras teimaban en explicarme, labazada a labazada, que a man esquerda que usaba institivamente era unha extremidade coa que me instrumentalizaba o Demo. Aprendín, logo, a redactar coa dereita. Agora ando preguntándome polos aires que se dá a letra de Thierry neses papeis nos que anotaba a súas xuntanzas cos representantes do Goberno central. Teño unha tendencia a interpretar que as boas persoas trazan letras bonitas, polo que penso un asesino coma el debe de facer unhas ‘e’, unhas ‘t’... [Lire la suite]
jeudi 31 mars 2011
MOISÉS BARCIA: "PRETENDEMOS VENDER EN ESPAÑA COA IDEA DA FRIVOLIDADE"
Iago Martínez entrevista a Moisés Barcia co gallo do debut de Pulp Books: ["A nosa intención non é redimir a literatura galega”, matiza o editor. “Máis ben todo o contrario: pretendemos facer un produto sincero e xogar, dun xeito algo trampulleiro, coa idea de frivolidade”.(...) Aí reside o truco de Pulp Books: en inocular a literatura galega no mercado español con edicións que aproveitan, sen ocultalo, o espazo aberto por selos independentes como Impedimenta, Errata Naturae ou Alpha Decay, entre outros. Edicións imaxinativas e de... [Lire la suite]
lundi 28 mars 2011
SOUTO DE MOURA, NOVO PRITZKER: "O ARQUITETO DEFENDE A SUA OBRA ATÉ AO RIDÍCULO CASE"
Eduardo Souto de Moura, novo prémio Pritzker: "Não há ninguém que defenda mais a sua obra que os arquitetos, mesmo entrando em grandes contradições. Reparo que eu, os meus amigos e pessoas com quem eu convivo defendem as obras como os filhos, até ao ridículo quase. É raríssimo um arquiteto abandonar uma obra, só se for chicoteado, porque ele agüenta as humilhações, agüenta que não lhe paguem, agüenta que lhe pintem aquilo de roxo e ele depois tem a esperança de lá ir a um domingo de manhã e pintar da cor que quer."
lundi 28 mars 2011
O CAMIÑO INCENDIADO
ELIZABETH Taylor foi unha devota coleccionista: coleccionou xoias, homes, escándalos, vasos de Four Roses que baleiraba, amantes, accidentes e interpretacións soberbias, por moito que quedasen difuminadas pola súa beleza. Non precisaba ser fea para ser boa actriz, pero o físico cubríalle todo canto matiz expresaba. Dentro das súas coleccións, tiña preferencia por dúas: os diamantes e Richard Burton. A cada unha dedicoulle un libro: en O meu idilio coas xoias (Simon and Schuster, 2002) recoñecía que «non se pode chorar no ombro dun... [Lire la suite]
lundi 28 mars 2011
ANTOINE GALLIMARD: "NECESITAMOS UN MARCO LEGAL QUE SOSTENGA EL MERCADO DIGITAL"
Juan Cruz entrevista a ANTOINE GALLIMARD para El País: [La revolución digital es una revolución tecnológica, basada en la rapidez con la que podemos captar contenidos. Lo importante es saber si esta revolución va a transformar el comportamiento del lector o del imaginario del escritor. Yo no creo que eso suceda, del mismo modo que ni la radio ni la televisión transformaron nada en ese aspecto. El peligro no es lo digital: como dije antes, la edición digital es una oportunidad. El auténtico peligro es la gratuidad. No se trata de... [Lire la suite]
dimanche 27 mars 2011
FRANCIA, DE PRIMEIRO PRATO A SOBREMESA
FRANÇOIS MITERRAND soubo ver vir os aconteceres en moitas oportunidades, pero houbo unha ocasión na que revelou ter unha ollada de futuro opaca. No 2005, reunido con Putin e Schröeder, o presidente francés quixo desprezar aos británicos e non se lle ocurriu mellor campo de comparación que a gastronomía. «Non se pode confiar nun pobo que ten unha cociña tan mala», sentenzou.
Miterrand acollíase a varios séculos de dominio incontestado na mesa dende que La Varenne chantara os alicerces para a contribución da arte culinaria gala ao... [Lire la suite]
samedi 26 mars 2011
AMOR FURIOSO
O amor presenta ás veces morfoloxías retortas, deformes; mesmo chega a ser cruel nas súas presentacións máis exarcerbadas. Richard Burton,explicoumo onte. El vive agora no Paraíso dos ateos, que é luminoso e foi amoblado polo Ikea. Chameino para informalo da última carta que lle escribira Elizabeth Taylor, en 1984. Supoño que continará na mesa de noite da actriz, onda a reservou para non enviala nunca xamais: el morrera no intertempo días antes. Atrevinme a suxerirlle que, se dabamos unha oportunidade ás dificultades, habería algún... [Lire la suite]
vendredi 25 mars 2011
BOYERO: "NO SÉ SI ERA BUENA O MALA ACTRIZ, ERA IMPOSIBLE ESCAPAR A SU CAMPO MAGNÉTICO"
CARLOS BOYERO, en El País, sobre Elizabeth Taylor: [Cómo no enamorarse de ese rostro increíble, de ese cuerpo armonioso y sensual durante tanto tiempo aunque perteneciera a una mujer bajita, de esa chica que podría simbolizar a la soñada hembra que supones a tu lado mirando la luna. Y no sé si era buena o mala actriz, pero era imposible escapar de su campo magnético. Consintió a los 34 años que Mike Nichols la filmara gorda y borracha, desgarrada y adúltera, haciendo méritos al lado de Richard Burton, su sadomasoquista y... [Lire la suite]
vendredi 25 mars 2011
REGUEIRA: "FERNÁNDEZ PAZ E DOCAMPO DEBERÍAN ENTRAR NA ACADEMIA; NON POR ESCRIBIR LIX, SENÓN POR SER MAGNÍFICOS ESCRITORES"
Xosé Luís Regueira, elexido como académico da lingua, asegura que «eu non vexo que un sector de novelistas fronte a outro de lingüístas, vexo xente que traballa polo galego». Opina que o feito de de que "ingresasen Agustín Fernández Paz ou Xabier Docampo sería unha honra para a Academia, pero non por ser autores para rapaces, senón por ser magníficos escritores".