Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 septembre 2011

RAJOY É UNHA MARCA BRANCA

carlosno1RAJOY ASOMA ás fotografías encollendo os ombros para non amolar con toda a fanfarria que se lle puxo detrás nas vésperas de vitoria. Asómase a unha maioría absoluta coa emoción e a vertixe de quen mira pola ventá do avión no primeiro voo. Mesmo acaba de dotarse dunhas memorias, que veñen sendo un requerimento de todo mandatario para fornecerse de discurso. O administrado quere saber quen vai gobernalo nunha curiosidade voraz que o alenta a mirarlle ata debaixo do edredón, cando o que debería preocuparlle son os documentos de Word que garda no ordenador. Rajoy semella afeito a que lle fisguen ata o forro da chaqueta, aínda sabendo que é dun azul tan ordinario que non debería suscitar intigras. O candidato popular sábese un home sen atributos, como o de Musil, un señorón de características suavemente perfiladas. Cómpre preguntarse, xa que logo, polos motivos que o arrastraron ata ese punto no que se atopa, na obriga monárquica de asumir unha herdanza sostida por un inventario en números vermellos. Zapatero soubo realizar o improbable no ámbito social, pero non atopou o momento de cesar no gasto para o acomodar os necesitados. Rajoy terá que afrontar o incómodo paso de ser cuestionado durante anos como unha marca branca a erixirse en líder capaz de provocar o crecemento ansiado, porque os investidores van onde o corazón os leve.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 437
Publicité