Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 octobre 2011

A FAMILIA SOCIALISTA FAI INVENTARIO DE BENS EN LUGO

375_0_rubalcaba-blanco-pulpoA foto da famillia socialista nas casetas do pulpo amosouse fiel ao tópico. Semellaban varias pólas dunha familia reunidas no enterro dun deses avó que venden ata o traxe co que deberían soterralo para pagar as débedas. A mesa estaba chea de perdedores avisados. Rubalcaba, Blanco e Vázquez podían quedar sentados na mesa para sempre xamais que ninguén os botaría en falta. Orozco soubo medir mellor as súas ambicións quedando en alcalde e logrou ser unha calcamonía da súa cidade, que semella non concebir unha fotografía do salón de plenos sen el na cabeceira. A familia citouse ao completo, porque, en medio de tanta arma rendida polos apoupos, atopábase o que podería ser vindeiro candidato á Xunta, á dereita do pai político, que por algo é socialcristiano. E non faría mal o Bloque en ir mirando de reunir a familia para concretar a súa proposta para presidente: no restaurante San Miguel, de Ribadeo, cómese estupendamente.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité