Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 novembre 2011

A COMBUSTIÓN INTERNA DE RAJOY

old-peter-pan-766902Michael Jackson era como Adán e Eva: non tivo infancia e vivía no Paraíso. O cantante creou un parque de atraccións, Neverland, para habitar unha burbulla de felicidade, pero acabou recoñecendo o edén nas inxeccións de Propofol agarimoso. Tanto Jackson coma os personaxes bíblicos foron extraditados do paraíso por erros, aínda que asquea a comparación. Rajoy nace como presidente a xeito dun neno vello, con toda a barba e o regusto amargo que vai deixando a vida coas súas crueldades. Entrará no seu despacho da Moncloa sen tempo para colocar o climatizador de puros nin de bicar a foto dos cativos que pousará na mesa. Atravesou o Paraíso, o tempo de que había cartos para aburrir, na oposición, e agora están agardándoo na cociña do Inferno, un espazo no que se tasan ata as botellas de auga, coma nas salas de caldeiras dos vellos carboeiros. O corifeo leva tantas semanas cantándolle We are the champions que os mercados nin lle van conceder o dereito de todo novo adestrador a gañar un partido para ofrecer unha sensación de ter collida a tixola polo mango, algo fundamental para non queimarse. O primeiro que fará será reunirse con Zapatero en cinco horas con Mario, para que este lle recite aos Ronseltz parafraseando a Mendiño: Ondas do mar de Vigo, se vedes ao meu amigo, que marchei. O leonés xa se lanzou á fogueira da combustión política e goza agora do salto do anxo que deu o sucesor. E daquela, todo o que vai sentir Rajoy é o silencio e un escuro rumor ao lonxe, que lle chegará dende o Bundestag, antes coñecido como Parlamento Europeo, onde lle auditarán os presupostos e mesmo o gasto en cordón de zapatos para a tropa.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité