Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 mai 2014

OS BEIZOS DERROTADOS

Ralph Eugene Meatyard - Untitled 35

Estamos os tres na cociña. Antón argalla entre os seus cereais e o Fifa 2014 sen acabar de atender ao que debe. Teño 48 anos. O meu xaxún é o momento do primeiro medicamento que debo tomar de xeito regular na miña vida. Sara ten ollos grandes, coma as personaxes de manga. Observa os meus beizos caendo no intre de tragar a pílula. Revélase suavemente amarga ao pousala na lingua, pero Sara sabe que non é iso o que me estarrece. Sara é observadora. Non quere ser xornalista porque non quere ser o seu pai. "¿Por que no te gusta tomar pastillas?", interésase. Antonte sentíame nun estado infedinido nas idades do home. Non era mozo, pero tampouco idoso. O home nace neno, medra rapaz e morre vello. No medio hai un deserto que atravesamos con incertidume sobre o que nos agarda, sobre como soportaremos que o noso corpo vaia ignorando ao noso cerebro. Dende neno, vivo obsesionado coa vellez. Cando era cativo miraba as miñas mans, que son cuspidiñas ás que tiña o meu pai e trataba de proxectalas adiante no tempo. Na madrugada do pasado martes houben de erguerme porque me doían as pernas coma se unha gavela de lobos trabase nelas de vez. Fixen unha imaxinaria na casa percorrendo ata a extenuación as celas da cociña e o salón. Yukio Mishima non se permitiu ser vello, non quería ver os seus beizos rendidos. Eu acudín ao consello do médico. Sen tempo non era de usar a miña prestación sanitaria. A vellez empeza no momento en que entregas a tarxeta do Sergas na farmacia para que che dean unhas pílulas para a tensión. A seguir, fun ao Gadis que hai a un cento de metros da farmacia Forján, e empecei a buscar pan sen sal. Ignoraba que podía render tanto a miña dignidade. Caeume a soberbia dos úttimos anos mirando aos condenados a pan soso e auga.

Photo: Ralph Eugene Meatyard 

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Hipertinente son bastante, ;-)
Répondre
M
O importante é vivir, non ser impertenso!
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité