dimanche 29 juin 2014

UNHA NEGRURA IDÉNTICA AO FERRO

TODO EN GALICIA empeza a ter máis de 800 anos. As catedrais de Lugo e Santiago, a cidade da Coruña, o pazo de Xelmírez... este ano hai oito séculos que Francisco de Asís visitaba o país. Non sei como tomar toda esa senectute ciceroniana: se como síntoma de que, mal que ben, Galicia continúa mantendo a personalidade malia a erosión da globalización ou como unha idade para que empece a considerar a extinción.A viaxe coas que nos obsequiu San Francisco en 1214 serviu, cando menos para dúas rehabilitacións importantes: as do Pazo de... [Lire la suite]

jeudi 26 juin 2014

CAMPO DE VERÁN

O FRÍO NON EXISTE, aínda que nos incomode ser incapaces de convencer ao cerebro de que non estamos aterecidos. A física define a temperatura en función da cantidade de calor, polo que o frío caracterízase de xeito negativo, por ausencia. San Lorenzo debeu, obviamente, preferir o frío do anonimato á grella instalada cerca do Campo de Verán de Roma, onde foi queimado no século III por orde do emperador Valeriano. Do mesmo xeito ca o frío, podemos deducir que o anonimato é ausencia de coñecemento. Acontece con artistas que, andados os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
dimanche 22 juin 2014

O ATÚN Á GRELLA E A MADALENA DE PROUST

UNHA NOITE decidín que non quería coñecer a ninguén que admirase. Receteime esa cuarentena para evitarme desilusións estaba nun pub con música radioformuleira parede con parede coa casa do Antiguo de Oviedo na que disque que Clarín puxo a vivir a La Regenta. Pasoume pola beira José Agustín Goytisolo. O poeta andaba coa mirada utópica dos borrachos, asolagado de xenebra. Berraba que un colega da Xeración dos 50 era «un membro menor, en todos os sentidos».Ao día seguinte, os dous estabamos na conferencia que deu no Campoamor. Eu, como... [Lire la suite]
samedi 21 juin 2014

UNHA PELOTA LARANXA

O paseo desta mañá levoume polo centro da cidade, entre o sol que recendía e o lixo escuro sen recoller. Quero pensar que houbo un momento en que os traballadores de Urbaser tiñan algún motivo para anegarnos nesta peste durante dez días, pero xa non o lembro. Excusan de recordarmo porque non me vexo capaz de dixerilo. Na camiñada houbo arcadas, pero también houbo a felicidade de perseguir unha pelota laranxa tras a cal ía Antón (+8). O meu fillo regateaba un viandante, unha farola e un banco con ese sentido do espectacular que teñen... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:32 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
vendredi 20 juin 2014

ESTIGMA E ENDODONCIA

Hai tres actos que me poñen medo: recibir certificados inesperados, cruzarme con cans nas escaleiras do edificio sen ver un espazo de escape e acudir ao dentista. Nunca me atrevín a mirar Marathon man. Esta mañá concatenáronseme os tres. O único que tiña previsto era a cita médica, por unha endodoncia que se aliviou á categoría de empaste. Como sabía que tiña que ir á consulta da miña estomatóloga, levei, a xeito de relaxante muscular, Religión, razón y espiritualidad de Arnold L. Davidson, a quen veño descobrindo grazas á... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 19 juin 2014

FERIDA

O sábado baixei ao Gadis por plátanos e Bimbo dez minutos mal contados. Ao regresar, cargado de bolsas e calor, atopei o recinto do edificio no que vivo precintado pola Policía. Atravesaran na rúa varios coches patrulla da Local e dúas furgonetas azulonas da Nacional. Unha excavadora cun brazo de xigante de película manga estaba disposto para apoderarse do xardín. Varios homes con mono amarelo taparon a cara con máscaras hixiénicas: a Policía Científica, deducín. Cheiraba amargo e ácedo, coma os cartóns de leite estragado. Unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

mardi 17 juin 2014

O BRAVÚ ESTÁ DE NOSTALXIA

O Bravú está de nostalxia. Hai xente organizando unha revitalización, músicas novas, reencontros de camaradas, libros para contar agora -con perspectiva Nevsky- todo o que se argallou hai vinte anos. 1994-2014. E son moi amables comigo porque non me esqueceron, malia non ser eu un deles, os músicos. Deixáronme entrar cando balbucía literatura sen saber quen era o rapaz das gafas de metal e as botas Bestard. Foron xenerosos e teño demasiadas débedas na súa pizarra de pagarés, pero non me apetece lembrar nin regresar. Tirei con todos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:40 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
lundi 16 juin 2014

DESPOIS DOS ROÁS E OS CURRÁS

Compostela é un invento xenial de Afonso II O Casto, Diego de Xelmírez, Manuel Fraga e Xerardo Estévez. Sánchez Bugallo non pasou de ser un bo mantedor antes de entregar as chaves da cidade, por imperativo legal, a roás e currás. O declive da nosa cidade máis importante pode verse refreado agora coa designación de Agustín Hernández. Feijoo perder un dos seus conselleiros máis capacitados; libérase dun aspirante secreto ao seu posto e, posiblemente gaña un alcalde que devolve a sensatez e a discrección ao Pazo de Raxoi. As... [Lire la suite]
dimanche 15 juin 2014

UN FEDOR DOCEMENTE VENECIANO

  TOMAR A VIDA con literatura é unha pedantería. Tamén un consolo. Nestes días, Lugo é unha paisaxe de bolsas negras esgazadas polos gatos, cervexa seca embebida en mexo e contedores verdes vomitando mondaduras de pataca e pan requentado pola calor.Trato de consolarme comendo pizza e gelato, e imaxinándome Thomas von Aschenbach. Síntome ese personaxe que entrega o seu sentido a perseguir un raparigo na novela A morte en Venecia, de Thomas Mann, entre o cheiro doce da peste e do lixo.Estou por acudir ao xastre do Gran Hotel... [Lire la suite]
jeudi 12 juin 2014

CORAZÓN, MEDO

Teño dous medos arraigados: os exames e os dentistas. Aínda soño cos exames, vinte anos despois do último. Diante dese terror, sentíame tentado a ser Bartebly: Preferiría non facelo. Fantaseo co escape, con agocharme nunha caixa coma fai a boneca humanizada de Air doll. A película de HIrokazu Koreedo que estiven mirando tras cear, tras volver de Foz, tras impartir un curso de xornalismo na UNED. A primeira hora da tarde, mentres conducía tratando de acougar co New and old friends de Bill Evans, resistín o pulo de botarme a unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]