vendredi 29 juin 2012

O RAPAZ QUE ONDEABA A BANDEIRA

  LUDWIG WITTGENSTEIN era un filósofo de carácter desabrido e unha idolatría cara a si propio desmesurada. Cando estudaba no colexio da localidade austríaca de Linz, menospreciaba un compañeiro que asistía ás aulas cunha bandeira do Imperio Prusiano e que saudaba co Heil! xermano. Como pensador, Wittgenstein era unha eminencia; como adiviño, unha nulidade. Sendo adulto, informouse de que o badulaque mandaba en Alemaña e descubriu que el era xudeu exterminable. De nada valeu que o avó favorecera a integración coa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:13 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 28 juin 2012

EUROVEGAS MEDRARÁ ENTRE FOLLAS DE PATACA

Unha clase de Secundaria chea de mozos. O profesor está explicando a autarquía. "Que condicións se precisan para que xurda unha ditadura?" Os rapaces van erguendo a man para solicitar quenda e achegando propostas. "Indignación", "Inflación", "Desilusión política", "Paro elevado",... Ao cabo levanta a man unha rapariga neohippie: "Patriotismo. Moitas bandeiras, como na última Copa do Mundo. Foi noxento". O paralelismo resulta obvio, non vou exercer didactismo cos clientes do Cabaret Voltaire. As condicións dánse no Reino de España.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:40 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 27 juin 2012

CARMELA SILVA FAISE OTAKU

  O PSdeG lémbrame a Jack Lemmon en 'O apartamento': prestan a casa común para que haxa alcaldes que engadan os seus electorados. Refírome a ese pragmatismo atropelado co que consentiron que Paco Vázquez cruzase coma unha división panzer sobre o acervo esquerdista e galeguista do partido. O aparato mesmo empezou a asubiar por Karen Souza cando o histrionismo patriótico do rexedor se expresou chantando unha bandeira española na Coraza e escoltándoa con policías, erixindo a custodia dunha tea bicolor nun eixo da seguridade... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 26 juin 2012

AMO ESTA CRISE POLA SÚA SENSATEZ

LUDWIG WITTGENSTEIN soamente lía novelas policíacas. Os libros de pensamento dos seus colegas reducianse a pavuxadas acaroados ao seu Tractatus lógico-philosophicus. Houbo unha clase nun colexio de primaria vienés da que saíron Adolf Hitler e máis Wittgenstein, polo que o recreo debía de ser unha experiencia, cando menos, singular. O filosofo soberbio divertíase cos textos de escritores criminais. Non se me veñen a cabeza moitos escritores criminais que lesen a filosofos. Supoño que George Simenon, intúo que Patricia Highsmith,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 25 juin 2012

MURGUIA QUIXO INVENTAR GALICIA

MANUEL MURGUÍA pretendeu inventar Galicia. Enganouse na ambición, polo que o intento de construír o país quedoulle a media cocción, pouco feito. Estruturouno culturalmente, dando un pulo feroz á Real Academia Galega; historiograficamente, dotándoo dunha liña de estudo do pasado particular e diferenzada. Porén, pouco deu avanzado politicamente. Viñan de fusilar a Solís e os outros da proclama provincialista de Lugo de 1846, polo que non estaba a situación como para andar soñando cun parlamento e menos unha Pilar Rojo. Aínda así,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 24 juin 2012

UN PEIXE QUE NON SE COCIÑA?

AVA GARDNER desespera nunha escea da película A noite da iguana. A pesar de que o seu hotel na costa de México está pechado por vacacións non renuncia a atender unha excursión de velludos estadounidenses. A súa personaxe entra na cociña para asegurarse de que o xantar está en preparación. Sorpréndese ao atopar o cociñeiro, un chinés setentón, deitado nunha chaise longue fumando marihuana. Están no tempo de lecer, polo que traballar non entra nas súas previsións. Ava Gardner desespera porque hai unha vintena de comensais axeixando.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 23 juin 2012

EN ARNAO, NO ALÉN

Al longo da xornada volvín a Lovecraft. Un Lovecrat máis contido. Diría que mellor contado. Lovecraft chairego. Lin A porta do alen, de Agustín Fernandez Paz nun lugar inaxeitado: na praia de Arnao, ao pé do sol e encarado ao nordes. Nese espazo de Castropol, cerca de Ribadeo, asentaron un campo de presos. Agustín meteume no 31 de outubro, no medio dunha fraga, chovia...
Posté par Jaureguizar à 23:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 22 juin 2012

UNHA LAVANDERÍA EN EUROPA

GEORGE ORWELL decidiu ser el mesmo en 1928. Cesou de ser policía do Imperio Británico en Birmania para ser comunista e escritor. Marchou a París para axudar a pobres. Non fixo como esoutros que son marxistas por persoa interposta; eses que, como di Slavoj Zizek, finxen que cren en Papa Nöel polo ben dos fillos. Logo de chegar á capital francesa, tratou de contactar co partido comunista, daquela censurado pola autoridade. Indicáronlle unha lavandería. Segundo chegou, os camaradas rifárono pola pouca roupa sucia que levaba porque... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 21 juin 2012

UNHA MONTAÑA RUSA

O PAÍS SEMELLA avanzar nunha montaña rusa. Ascende vagariño e baixa aceleradamente, pero non pode saír deses raís polos que corre dende hai décadas. Xosé Ramón Barreiro vén de agasallarnos cun emocionante e curiosísimo volume sobre Murguía (Murguía, Galaxia) no que se nos revela como o home máis decisivo e asemade máis positivo para Galicia. Escribo positivo porque Francisco Franco tamén foi decisivo. A caixa que nos abre Barreiro permítenos decatarnos de que foi quen encarrilou a conciencia de nación como tal, aínda que el... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 20 juin 2012

VACACIÓNS PERMANENTES

UN DÍA CALQUERA DE 1337 Petrarca sobe ao cumio do monte Ventoso e colle conciencia da perspectiva. "Todo espazo e tempo danse cita acó", escribe nunha frase que Albert Einstein transformaría en fórmulas matemáticas uns séculos máis tarde. Petrarca sae da cidade renacentista para descubrir o seu paraíso, mentres que Luc Sante(1954) asiste á  disolución do seu edén urbano. Sante recoñecía que o seu lugar ideal era unha ringleira de edificios cotrosos sempre a piques de perder cascotes. "Nova York era unha cidade do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]