dimanche 30 septembre 2012

UN AFEITADO NA MAÑÁ

  O asunto empezou como calquera asunto da memoria. Na mañá do xoves pasado botaba crema para afeitarme. Un punto branco quedoume pegado no lóbulo esquerdo. Lembrei uns amigos no Santiago dos 80. Eran máis de vinte, pero formaban un grupo cohesionado pola súa preferencia sexual. Ao redor deles enredaban ermas mulleres demasiado novas para a maternidade e sabidas de máis para interesarse polos rapaciños. Ás veces saía de copas canda eles porque manexaban discos británicos e comprendían o cine de David Lynch. A maiores,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 29 septembre 2012

A PERRUCA AMPUTADA

  Santiago Carrillo imitaba ben ao Santiago Carrillo que trazaba Pedro Ruiz. Hai unha década, na rúa do Horreo, en Santiago, o líder comunista fumaba agachando a cabeza como se a perruca clandestina fose un membro amputado. Eu coñecíao polas parodias da Transición que facía Ruiz: Suárez, Felipe González, Fraga, Arzallus, Pujol,... Había risa, pero asemade reverencia polo xeito no que souberon conducirse entre nostalxias de sabres e revolucións con temporizador. Os políticos de agora non teñen a estatura intelectual precisa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 28 septembre 2012

CAPOTE-CURROS/WELLES-CUNQUEIRO

Entrei no dormitorio de Héctor Acebo a noite pasada. El estaba deitado na cama, situado contra a banda da parede como se temese un mal das persoas que invadiran o seu cuarto. Pero o xesto da cara non se correspondía coa desconfianza, máis ben co descaro. Entrei na habitación de Héctor nun soño, pero non me decatei de que estaba soñando ata que reparei en que se sometía a unha fronte armada de fotógrafos que cuspían flashes, como aquel día no que John Lennon e Yoko Ono mudaron a súa preguiza a erguerse e facer a cama nun acto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 27 septembre 2012

O MAPA E O TERRITORIO

  "O MAPA é máis importante có territorio», afirma o protagonista da novela El mapa y el territorio (Anagrama), de Michael Houellebecq. A aseveración pona na boca dun artista modernísimo que acaba traballando para unha revista gastronómica francesa. O director opina o contrario, que o territorio está por riba do mapa, que o orixinal imponse á representación, que o arraigo conta máis ca novidade. Argumenta que os franceses fuxen da cociña creativa e a asiática, e de que «a cociña do norte de África soamente é aprezada no Gran... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 26 septembre 2012

UNHA LECTORA ASALARIADA

  A MIÑA VOCACIÓN máis sólida é ser lector insolvente. Quero dicir, ter ao meu dispor milleiros de libros en papel coma para unha voda, con posibilidade para ter unha fidelidade donxoaniana a cada volume: poder collelos, abrirlles as follas ata deslombalos e ler a pracer neles ata rematalos ou ata rematar con eles por desinterese. No meu itinerario profesional, os oficios máis achegados eran recepcionista noturno de hotel ou vixilante de cemiterio. O hotel tería o atranco desagradable de que calquera viaxeiro podería... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 25 septembre 2012

A LÓXICA DIFUSA NOS DEBATES ELECTORAIS DO 21-0

    Xico e máis eu agardabamos a que os nosos fillos saísen desa derivación perversa do sistema educativo que son as actividades extraescolares. Xico, que é profesor de Matemáticas, descubriume a lóxica difusa explicándome que "é o que fai funcionar os trens chineses". Segundo lle entendín a lóxica é binaria: o resultado é 0 ou é un 1. A lóxica difusa contempla as posibilidades entre 0 e 1. Alberto Núñez Feijoo vestiuse de candidato á presidente da Xunta aceptando a lóxica difusa de que pode gañar, pode perder e o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 23 septembre 2012

INDELEBLE COMA GAY TALESE

  Todos nacemos escritores. Do mesmo xeito que os homes nacemos futbolistas. Hai un momento da nosa infancia no que pateamos curtamente a pelota por diante dos nosos pés e experimentamos que xeramos valiosos dereitos televisivos. Tamén chega esa tarde concreta de inercia veraniega na que nos sabemos escritores. Ocorréusenos unha idea brillante, polo que nos sorprende de que non houbese ser humano anterior ao que lle xurdira. Como o arrinque do noso relato é tan singular, non deixamos pasar uns segundos antes de estar sentados... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 22 septembre 2012

ENTRE AS COMIDAS DE LIEBLING

    UN SEÑOR DE BARBA que sorrí maliciosamente e máis eu sentamos de fronte no traballo. Non hai día que non lle reitere o chiste gastado: «E ti, vés moito por aquí?» «Entre comidas», contesta Elías Ferreiro con paciencia de bedel de instituto. Esa humorada acórdame Entre comidas, o libro no que o xornalista Abott Joseph Liebling rememoraba en The New Yorker comidas da súa estadía en París en 1926, cando tiña 22 anos. Fillo dun comerciante de peles de Nova York, Liebling convenceu ao pai para mellorar os seus... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
vendredi 21 septembre 2012

MORGANA NA CORTE DO REI JUAN CARLOS

    Cada persoa vai construíndo o seu país. Avanzamos cara a territorios ideais porque a curiosidade é o combustible máis barato antes de impostos. Os colectivos tamén viven colocando laxes para empedrárense o camiño. Mesmo ás veces meten un acelerón na xeira e se concentran en mitos, costumes e gañancias que os identifican para desenvolver toda a súa potencialidade nacional. Cataluña escapa asustada e corre ilusionada. Nada novo. Todo nace para morrer, os estados tamén. Irá para un ano que eu camiñaba polas amplas salas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 20 septembre 2012

MARIO CONDE OUVEA COMA TODOS

  Mario Conde asimilou poucas esencias galegas. Alguén debeu bisbarlle que en terra de lobos, ouvea coma todos e botouse a falar en pailán para presentar a súa candidatura á Xunta. Para a miña sorpresa, a súa pratea non percibiu a envoltura cómica do acto. O tudense abaixou o volume e a intelixencia a susurro, salpimentando o noso acento. Mario Conde ten espírito de director de sucursal: o cliente leva razón en calquera asunto en tanto asine o contrato blindado. Escoitándoo minguou a miña crenza elevada no dereito de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]