Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

4 septembre 2013

NOVENTAYOCHISMO

NOVENTAYOCHISMO
Os bares de Ribadeo miran de esguello a Estibaliz Veiga. Non se trata de xenreira contra a actriz nin moito menos contra a persoa. Ela nada debe alegar nin desculpar. Por outra banda, sería inútil. Eu teño visto a Estibaliz celebrando o café do Cantón...
Publicité
Publicité
3 septembre 2013

SEGUIR DISFRUTANDO

SEGUIR DISFRUTANDO
Unha señora convidoume a "seguir disfrutando" mirando touros. Eu contesteille que prefería dar un delicioso paseo sen rumbo. A ela non lle incomodou o meu desdén porque falaba por unha televisión. Pública. Aínda sabéndome ignorado, agardei ao cabo do...
2 septembre 2013

A GABARDINA DE H. G. WELLS

 A GABARDINA DE H. G. WELLS
Os remanentes para viaxar foron desaparecendo coa desfeita económica, pero hai tres anos convidáronme a gozar dunha semana en Bloomsbury Way, nun apartamento entre o Museo Británico e o Museo da RAF, un lugar intensamente londinense. Logo de chegar, desaparecín...
1 septembre 2013

A PROCLAMA DE SOUTOMAIOR

A PROCLAMA DE SOUTOMAIOR
A proclama de Soutomaior mudou o meu ánimo consumista. Foi escoitar a Rajoy erguendo o queixo e sentir a Henrique V arengando ás tropas: "Nós poucos, nós poucos felices, unha banda de irmáns!..." Os compradores actuamos segundo as cifras macroeconómicas....
31 août 2013

O XERSEI GRANATE DE BENXAMÍN

O XERSEI GRANATE DE BENXAMÍN
As cidades pequenas son torpes para as relacións persoais. Nunha urbe extensa podes ter por certo que non vas atopar un coñecido máis ca casualmente. Nas vilas sabes de que vas manter un contacto mesmo cos máis estomagantes veciños. O censo lucense de...
Publicité
Publicité
30 août 2013

REFRESCAR A LINGUA

REFRESCAR A LINGUA
Andando os anos 80, cando se introduciu o galego na educación galega (soa ben raro) eu estaba por acabar o ensino medio. A lei de galificación consentía daquela a exención do estudo aos nacidos fóra do país. Albisquei un paraíso de dúas horas menos de...
29 août 2013

SUCINTO ARGUMENTARIO SOBRE A NECESIDADE DE BOMBARDEAR EN SIRIA

SUCINTO ARGUMENTARIO SOBRE A NECESIDADE DE BOMBARDEAR EN SIRIA
Non deixa de sorprenderme a oposición como categoría que aplica a esquerda mundial cada vez que Estados Unidos e Inglaterra deciden actuar para aforrar uns milleiros de mortos en calquera tempo e lugar. O principio de abstinencia bélica, inspirado polo...
28 août 2013

PECHO OS OLLOS E DESEXO A VOLTA DE RAJOY

PECHO OS OLLOS E DESEXO A VOLTA DE RAJOY
Veño de pechar os ollos e os puños, e premer con forza para concentrarme en que Rajoy e o seu equipo de asesores de comunicación rematen o delongado paseo que os leva de Ribadumia á Moncloa. Dubido que poida soportar o peso de afirmacións como a asinada...
27 août 2013

PORTEIROS E BEDEIS

PORTEIROS E BEDEIS
A volta ao asentamento lucense é a volta á Biblioteca Provincial. Esta mañá un home vestido cunha camiseta vermella coa inscrición España en amarelo, berraba termando de catro libros grosos baixo o brazo. Entendo que eran para lelos el, pero o tópico...
26 août 2013

PRISMÁTICOS PARA MIRAR CINEMA

PRISMÁTICOS PARA MIRAR CINEMA
Paco contoume que lle gustou a solemnidade elegante de Ribadeo na súa primeira visita, que o peor foi a costa que ascende dende o muelle de Porcillán ata o centro. Esa rúa chámase El Viejo Pancho, pero referinlle que o nome popular é Rúa das Angustias...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 440
Publicité