Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

2 novembre 2012

UN FÍO DE AMOR E REVERENCIA

UN FÍO DE AMOR E REVERENCIA
Os aneis de casados dos meus avós paternos teñen uns tamaños simbólicos: o anel de Juana cabe dentro do anel de Rufino. O perímetro corresponde co grosor da man de cada un, pero pode lerse coma metáfora do sometemento da muller ao seu home. Acordei agardando...
Publicité
Publicité
1 novembre 2012

A ANSIEDADE DE NANCY REAGAN

A ANSIEDADE DE NANCY REAGAN
Na próxima edición de Google Maps, cando busquen Lugo, descubriran un home axitando os brazos en indignación nun Clío verde. Serei eu nunha imaxe de antonte. Circulaba pola Nacional VI en paralelo ao Miño cando o coche de cámara ampulosa que semella un...
30 octobre 2012

O IMPERDIBLE PRENDIDO NO RIL DE MANUEL

O IMPERDIBLE PRENDIDO NO RIL DE MANUEL
O sábado, ao regresar dun curso en Vigo, baixei xogar ao fútbol co meu fillo. Antón aínda ten seis anos, pero madureza abonda como para asumir iso que se asume con catro ou cinco máis: o seu pai non vai aprenderlle nada de fútbol. Por iso, toma como modelo...
29 octobre 2012

O OUTONO NON ME MARCHA DA CASA

O OUTONO NON ME MARCHA DA CASA
Os poetas de agora non viven o outono coma antes. Xa non dedican os seráns a contemplar a vagarenta e prácida caída da folla, senón que a recrean en Twitter. Xa non lamentan o demorado repregue da vida cara aos cuarteis de inverno, senón que tratan de...
28 octobre 2012

AUGAS NEGRAS, PIXAMAS BRANCOS

AUGAS NEGRAS, PIXAMAS BRANCOS
Joan Didion conta cun verniz de retranca a urxente fuga do xeneral Gerardo Machado dende A Habana ata Miami nunha noite de agosto de 1933: «Levaba canda el cinco revólveres, sete sacos de ouro e cinco amigos en pixama». A reportaxe, Mañana Uno, forma...
Publicité
Publicité
26 octobre 2012

A SOMBRA DA OPINIÓN PÚBLICA

 A SOMBRA DA OPINIÓN PÚBLICA
Todas as mañás, por volta das nove, percorro o Lugo trazado en granito e laxes. A esa horas, os que teñen traballo están xa metidos no seu acubillo, polo que a rúa é o dominio dos bohemios que perderon o reloxo, dos pensionistas que camiñan con calculadoras...
25 octobre 2012

BASSANIO NAUFRAGA NO PRESTIGE

BASSANIO NAUFRAGA NO PRESTIGE
Levo días convencendo aos meus amigos de que Mangouras é Norman Mailer, revivido e empotrado como acusado no macroxuízo fisterrán e apocalíptico. Recoñezo que o desmesurado caos do Prestige ten máis de cinematográfico ca de literario, que é máis axeitado...
24 octobre 2012

OS CATALÁNS SOCIALIZAN EN VERTICAL

OS CATALÁNS SOCIALIZAN EN VERTICAL
FAISE TENRO ler a David Monteagudo. Os libros, non; neles ponse malote vigués. A Monteagudo hai que lelo en entrevistas. Norman Mailer advirte en América (Anagrama) de que «cantos máis lectores posúas, menos podes dicir». Monteagudo era proletario instruído,...
23 octobre 2012

ROLLAS ESTOUPANDO, RISAS E RUÍDO DE COITELOS E GARFOS

ROLLAS ESTOUPANDO, RISAS E RUÍDO DE COITELOS E GARFOS
O escritor Amin Maalouf revelaba a tempo atrás a súa paixón gastronómica. Non deixaba de recoñecer que o seu papel na cociña «é de catador»; algo a supoñer, dado que está casado con Andrée Maalouf, autora de nomeados libros de receitas libanesas. Acomodado...
21 octobre 2012

UN SITIO PARA O TRASCENDENTAL

UN SITIO PARA O TRASCENDENTAL
A MIÑA MULLER sostén a teoría de que, cando acontece algo decicisivo, eu estou no baño. Houbo unha secuencia de situacións especiais nas que me ausentei: a voda, o nacementos dos meus fillos e operacións cirúrxicas que non concretarei por vergoña. Teño...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité