samedi 20 janvier 2018

POMBAS, MAZÁS E OUTROS EPISODIOS NACIONAIS

HAI UN MES estaba eu cruzando a praza de Santo Domingo —de aquí, de Lugo—. A praza tivera que dicir que choveran por riba dela. Unha señora vestida de personaxe secundario das Brönte, cunha gabardina verde e un sombreiro de cogomelo, achégase a min. Vén agarrada da man a un cabaleiro da súa idade. Son siameses asimétricos. El tamén leva roupa de augas, como se pasease por cuberta na noite do Titanic. Cando unha parella de folla caduca se agarra entre si pode culparse a que teñen medo urxente á perda ou a que son un matrimonio naïf. ... [Lire la suite]

mercredi 8 octobre 2014

TRES GOLPES

A sobremesa da cea foi un iogur, xa contra a medianoite. Sentei comelo diante do televisor mirando unha canle calquera de R, penso que National Geographic. Debía agardar media hora para darlle unha medicina a Antón, que se mancou por terceira vez consecutiva en tres días consecutivos no brazo dereito. Botaban un documental sobre Pol Pot, o estudante de enxeñería cambodiano en Francia. Cando asistía a clases en París non se chamaba así. Logo descubriu que os únicos que se manifestaban nas rúas contra a colonización de Vietnam eran os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
jeudi 12 janvier 2012

DE GOBERNO NA SOMBRA A PRESIDENTE NA NÉBOA

Os gobernos na sombra son máquinas que teñen a expectativa por combustible. O Partido Popular empuxou suavemente a transición de ser un goberno na sombra a reservar un presidente na néboa. Rajoy representa agora o papel de "quintaesencia do misterio", que escribiu Norman Mailer sobre Bobby Kennedy, a quen vía "capaz de encher o espazo cinematográfico entre Mickey Rooney e James Dean". O pontevedrés anda contado de carisma, pero iso debe desacougalo tan escasamente como carecer de trinta metros de eslora amarrados en Sanxenxo.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , ,
lundi 9 janvier 2012

FEIJOO ADÍA AS ELECCIÓNS A 2016

Feijoo confunde os verbos 'adiar' e 'adiantar'. Cando recoñece que vai 'adiantar' as eleccións, expresa que vai 'adiar' as eleccións. As eleccións galegas non se desenvolverán ata 2016. Antes -si, claro- teremos -seica no outono- un plebiscito sobre a súa xestión, que mediremos no número de deputados que sumen para a maioría absoluta do Partido Popular. Como a oposición non está nin se lle agarda neste tempo da seitura, contaremos os votos de aplauso ou conformidade nun montón e os votos de disconformidade noutro. Todo o que vai mudar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:07 - Commentaires [5] - Permalien [#]
Tags : ,
samedi 3 décembre 2011

MEMORIA DE REXISTRADOR, MEMORIA DE PEIXE

Disque Rajoy ten unha memoria elefántica de opositor a rexistros exitoso. Debería enfocala cara ao seu propio pasado e reflexionar sobre o xeito no que habilitou como demócratas ao compañeiros do seu primeiro partido, Os Sete Magníficos. Nin se lles reclamou arrepentimentos polo que fixeran outros (ou algúns deles) nin se lles impediu formar grupo parlamentario. Sería extravagante que o PP llelo concedese a 5 deputados e llelo prohibise a 7. O peche deste ciclo de violencia repugnante require que Rajoy aplique unha memoria de peixe e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mardi 22 novembre 2011

A COMBUSTIÓN INTERNA DE RAJOY

Michael Jackson era como Adán e Eva: non tivo infancia e vivía no Paraíso. O cantante creou un parque de atraccións, Neverland, para habitar unha burbulla de felicidade, pero acabou recoñecendo o edén nas inxeccións de Propofol agarimoso. Tanto Jackson coma os personaxes bíblicos foron extraditados do paraíso por erros, aínda que asquea a comparación. Rajoy nace como presidente a xeito dun neno vello, con toda a barba e o regusto amargo que vai deixando a vida coas súas crueldades. Entrará no seu despacho da Moncloa sen tempo para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

samedi 29 octobre 2011

ADMINISTRACIÓN CONCURSAL

Rajoy dialogou comigo en confianza a través dun libro, como se pretendese situarse nun plano mítico, nunha dimensión elexíaca superior á miña. Ese que el mesmo nega ao presentarse como unha persoa cotiá. Como se un señor misado na Peregrina que foi paseado en carricoche inglés pola Verdura, como se un rexistrador da propiedade que cobra por selo sen un apuntamento de actividade, puidese ser experimentado como próximo. Así que me falou en confianza de su vida y su proyecto para España, ese texto que disque lle redactou de escoitada un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:36 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mardi 25 octobre 2011

O PECHE PATRONAL DE ETA AFORRARAME UN CUARTO DE HORA EN CADA VIAXE

Cada vez que me paraban nun control de estradas era o mesmo. Apelidos: Jaureguizar Ortiz de Zarate. Nacido en: Bilbao (Vizcaya). O meu DNI non relata que botei o 90% da vida en Galicia. Cando me paraban no país, aínda disimulo a condición de presunto vasco falando en galego, pero fóra ninguén me evitaba unha consulta á central para saber se estaba fichado como abertzale potencialmente perigoso. Cando os etarras anunciaron que ían comportarse como persoas civilizadas pensei nos axentes que máis se implicaron en lograr ese salto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:34 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , , ,
samedi 22 octobre 2011

A MENOS ETA, MENOS ESPAÑA

Non me resulta agradable recoñecelo, pero estou de acordo nunha apreciación con Mayor Oreja. Partillo a súa opinión de que o cese de ETA provoca o arrastre de certas situacións cara a unha transformación. Non me refiro aos negocios familiares, no seu caso; senón a España no seu senso de estrutura administrativa. Borrado o terrorismo como factor de presión e condicionamento na vontade vasca, asistiremos -probablemente xa o 20-N- a unha redefinición do mapa dos tres territorios da CAV arredor de catro puntos cardinais, que son as catro... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
vendredi 9 septembre 2011

RAJOY É UNHA MARCA BRANCA

RAJOY ASOMA ás fotografías encollendo os ombros para non amolar con toda a fanfarria que se lle puxo detrás nas vésperas de vitoria. Asómase a unha maioría absoluta coa emoción e a vertixe de quen mira pola ventá do avión no primeiro voo. Mesmo acaba de dotarse dunhas memorias, que veñen sendo un requerimento de todo mandatario para fornecerse de discurso. O administrado quere saber quen vai gobernalo nunha curiosidade voraz que o alenta a mirarlle ata debaixo do edredón, cando o que debería preocuparlle son os documentos de Word que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,