jeudi 29 novembre 2012

O ANIMAL MAIS CASTIGADO

A mañá espertara gris e cruel. O ceo estaba tan cincento sobre aqueles montes que os prados semellaban televisores apagados. Un sirio conducía un todoterreo que palidecera co andar dos anos. Soaba unha casette de Asmahan, unha cantante dos anos 30 que usou a súa sona no cine para espiar a prol dos aliados. A súa voz soaba tan amable coma a actitude do condutor, Issam Algnam, alcalde do concello lucense de Muras polo Partido Popular. Issam aceptara conducirme para escribir sobre aldeas abandonadas. Levoulle tempo escoller tres para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 28 novembre 2012

PRIMEIRAS LUCES DE ERNEST HEMINGWAY

  Ernest Hemingway fixo prácticas como novelista en París. Os seus exercicios eran decenas de informacións para o xornal canadense Toronto Daily Star entre 1922 e 1923, que serven á editorial Elba como base para a trintena de artigos breves que selecciona e edita no libro Sobre París. O correspondente acababa de empezar unha vida de casado e outra de norteamericano sedento de modernidade culta asomándose á vida parisiense dende as terrazas dos bares. O periodismo de entón contábase e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 27 novembre 2012

O KAPAROT DO BNG EN LUGO

    O meu fillo, que anda na volta dos seis anos, soña cada mañanciña cun teletransporte que o leve nunha padiola imaxinaria dende a súa cama quente ata o pupitre duro. Eu vouno animando con revelacións como que o doutor en Física Anton Zeillinger deu teletransportada recentemente a estrutura dun fotón a unha distancia de 143 quilómetros. Simplificando, o que deu trasladado son as características do fotón, polo que o reto de levar materia dun punto a outro aínda atranca o avance da ciencia. Houbo un avance moi anterior,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 26 novembre 2012

UN PAÍS QUE SE EXPLICA POUCO

    SEGUNDO empecei a frecuentar a casa da miña muller, o meu futuro sogro regaloume os Diarios (Crítica) de Azaña. Tomeino como unha declaración de principios políticos e éticos; asemade, coma unha folla de ruta dos enfoques que debería darlle ás conversas que iniciase baixo o seu dominio habitacional. Certamente, asumin a lectura daqueles textos escritos mirando de esguello á posteridade, coma unha rampa para meter os dous pés no meu fogar político. Non era que se me resistise, pero un trata sempre de evidenciar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 25 novembre 2012

CHOVÍA CON INTENCIÓN

    Chovía con intención sobre Lugo. Cruzóuseme un amigo socialista lucense imputado; palabras que, a este paso xudicial, acabarán en sinónimas. «Agardo a que escampe, en todo os sentidos», ironizou. Falamos das memorias de Touriño, aínda non as lera. O expresidente lémbrase no volume de varios socialistas lucenses, non todos imputados. Segundo Touriño, Ricardo Varela indicoulle con tosquedade a porta de saída unha semana despois da derrota espetándolle que velo no Hórreo era «unha imaxe que lle... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 24 novembre 2012

HEMINGWAY ATERRA SOBRE PARÍS

  A novelista Gertrude Stein recomendou a un incipiente Ernest Hemingway que escribise sempre "a frase máis verdadeira". Ambos os dous acababan de coñecerse no París de 1922. O correspondente do diario canadense Toronto Daily Star chegara á cidade a finais do ano anterior con 22 anos, centrifugado de Estados Unidos polo requirimento ansioso da súa nai para que chegase a ser "un home de verdade" e imantado polo consello que lle endosara o escritor Sherwood Anderson, de que París era o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 22 novembre 2012

TIMBERLAND, O MEU PAÍS

  Os Timberland compreinos vai para dez anos. Cando a abundancia, non contaba os zapatos por anos; pero agora falo dos anos do coche con solemnidade lendaria. Ao meu pai reináballe presumir dos anos de roupa que o abrigaban. Eu sempre pensei que era unha teima dos que gozaron parcialmente do desenvolvemento económico que os levou nunha escaleira mecánica do pan negro ao asento dun Seiscentos. Agora tamén empezo a expresarme en anos para referirme ao traballo ou a relación coa muller. Antonte foi o día da morte de Franco. A... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 21 novembre 2012

TODOS CITABAN A NOAM CHOMSKY CON NATURALIDADE

  HOUBO UN tempo en que vivía en Oviedo e tiven que cambiar de amigos, malia que calquera deles citaba a Noam Chomsky con naturalidade. O que me botaba para atrás de compartir horas con eles eran os xantares de fin de semana. Os sitios aos que me conducían eran ámbitos de baldosa branca pintada de manchas grises e cadeiras de ferro, contrachapado e plástico marrón imitador de madeira. Os televisores, voceando en solitario coma un avó eternamente ausente. Os menús eran monotemáticos na inspiración e no contido... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 20 novembre 2012

UN CORAZÓN SINXELO

  "As mans eran o peor", axustizaba Nieves. Referíase a Sarah Cracknell, a cantante de Saint Etienne, que actuaron o xoves en Vigo. Eu pregunteime polas expectativas de Nieves. Ela non fora escoitar un concerto, acudira expresamente para deixarse deslumbrar por un mito persoal. Asumida a súa decepción tras comprobar que a apariencia britanicamente deliciosa de Sarah estaba fanada por unhas mans que semellaban transplantadas dun corpo sen graza e unhas botas elixidas pola fatalidade, dedicouse a desmembrar o ideal coma fixeron... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 19 novembre 2012

O INATURABLE OCIO DE ROBINSON CRUSOE

  Paco Martín elaboroume toda unha teoría da literatura nos catro minutos de 50 segundos que botamos de fala na rúa Raíña segundo eu saía do banco co pan colgando dunha bolsa na man e andaba cara ao periódico. «Ao cabo, escribir serve para que un tipo pase vinte minutos divertidos. E iso está ben, pero non agardes máis nada», veu razoarme con esa fala súa de ritmos tan pausados e sabios. O que Paco me describiu entre bocalada e bocalada, levoulle a Ian Watts unha chea de páxinas de O ascenso da novela, o clásico que cita... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]