Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 mai 2013

GOBERNAR ESPAÑA, TOUREAR NA PEREGRINA, LIDERAR A UPG

GOBERNAR ESPAÑA, TOUREAR NA PEREGRINA, LIDERAR A UPG
Malú e Pablo Alborán definen sinteticamente a noción de fin da Historia, que formulara Alexander Kojève, ao cantaren que o amor pode parar o tempo en Vuelvo a verte. Como se fai evidente, o amor non para o tempo de xeito obxectivo, senón que os namorados...
Publicité
Publicité
10 mai 2013

WAGNER CHAMA POLO TEATRÓFONO

WAGNER CHAMA POLO TEATRÓFONO
Soamente hai unha cousa que me intranquilice máis ca un control nocturno da Garda Civil: unha ópera de Wagner. Cada vez que poño unha composición súa no Spotify sento que se me bota enriba un tsunami imperativo e fico paralizado. Ese dramatismo trascendente...
9 mai 2013

A DECADENCIA CULINARIA DO PROLETARIADO FRANCÉS

 A DECADENCIA CULINARIA DO PROLETARIADO FRANCÉS
Cada vez que dispoño dun día de lecer, como o de mañá, sento unha morriña feroz de poñer unha pota no lume e abandonala á lenta entremestura de olores e sabores, uns penetrando no cerne dos outros, nunha delongada cocción matutina. Mañá tampouco vai ser....
8 mai 2013

RESTA CON LEVADAS

RESTA CON LEVADAS
Mesmo os manuais máis básicos sobre a síndrome do niño baleiro remiten a unha charla directa cando alguén quere marchar da casa. Bótase en falta unha xira de España por Cataluña para coñecer os motivos para a independencia, que posiblemente teñen un ingredente...
6 mai 2013

CHANDALISMO, CESARISMO

 CHANDALISMO, CESARISMO
Nicolás Maduro vestía hoxe unha camisa dun azul discreto para o nivel de godallismo que adoita. Malia deixar por unha horas o seu clasismo chandaleiro, no esquecera de erguer o puño. Eu mirábao na pantalla do portátil mentres lía, un chisco máis con admiración,...
Publicité
Publicité
5 mai 2013

OS GATOS PERDIDOS

OS GATOS PERDIDOS
O máis sorprendente do meu gato é o seu desinterese cara á morte. Pasou dos 18 anos, pero non se lle distinguen signos finalistas por moito que o observe un. Certo que hai anos deixou de andar ás carreiras polo salón ripando de cortina a cortina coma...
4 mai 2013

NOVOCAÍNA PARA A ALMA

NOVOCAÍNA PARA A ALMA
Unha miña cuñada asegura que lle cadrou coa princesa española nun concerto dos Eels en Madrid. Ese gusto atinado marcou unha pequena viraxe no meu xuizo chumbo sobre a súa indomable ambición. Hai alguén nesa urbanización pacega do que cómpre agardar acenos...
3 mai 2013

UN DÍA DE NOVEMBRO PERDIDO EN ABRIL

UN DÍA DE NOVEMBRO PERDIDO EN ABRIL
A mañá do domingo correspondía a un día de novembro perdido en abril. JR e máis eu contemplabamos aos nosos respectivos fillos vestidos desafiantemente en pantalón curto e camiseta de asas correndo pola pista de atletismo do instituto Lucus Augusti. O...
2 mai 2013

A CULTURA POPULAR

A CULTURA POPULAR
Leo Strauss prevíanos en 1968 contra a aceptación acrítica dos conceptos excluíntes cultura e popular en ¿Que es filosofía política? (Guadarrama) advertindo de que “poderíamos chegar a considerar que un xardín cheo de botellas baleiras de Coca Cola é...
1 mai 2013

O MERLO LADRÓN

O MERLO LADRÓN
Un merlo picou un anaco de plástico branco no xardín para apreixalo e saír en voo elíptico. Mala trampa carecer de papilas gustativas que a distingan da miga do pan. Pousouse nunha póla do abeto que fica fronte á cociña. Antes había pegas ladroas nesa...
Publicité
Publicité
<< < 1 2 3
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité