mardi 31 décembre 2013

TRAS A BALEA BRANCA

  A fame era tan fera que comemos e nos deixamos comer. Pemex manda en media Barreras. Agora andamos na procura da Balea Branca, cegos e obstinados, sen pensar que deberíamos cambiar de arte e de presa. En galego non existe a planificar, non existe o termo longo prazo. Existen, ben sei, pero non botamos a ollada a esa parte do diccionario. Tapamos o burato por un ano, dous, e volta a empezar. Ahab atopou a Balea Branca e rendeuse coma tributo.
Posté par Jaureguizar à 23:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 30 décembre 2013

PREMIOS CABARET VOLTAIRE Á MODA DE JAUREGUIZAR 2013

  Este ano lin tramos duns sesenta libros e rematei 32. Entre estes últimos vou escoller por motivos subxectivos, caprichosos e escuros os que máis me interesaron. Premio Novelaza do Ano. Mr. Gwyn (Galaxia) de Alessandro Baricco e O sentido dun final (Rinoceronte) de Julian Barnes. Premio Que Novela tan Interesante. Os xornalistas utópicos (Xerais) de Manuel Veiga. Premio Ensaio que Ninguén Debería Perderse. En el mismo barco (Siruela) de Peter Sloterdijk. ... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 29 décembre 2013

TRES BOINAS VERMELLAS

Vostedes non o lembran, pero xa lles teño falado do meu tío Santiago Jaureguizar, de quen herdei a inclinación á obesidade e varios libros de Camba. Como bo vasco era larpeiro, futboleiro e sentimental. O seu segredo máis agochado, soamente despois da pistola coa que disparou contra ateos no Ebro, estaba gardado nun caixón ancho e pesado situado na parte baixa dun armario grande coma a porta dun garaxe. De cando en vez, nos chamaba ao cuarto para abrilo. Quitaba tres gloriosas tortas encarnadas, tres boinas vermellas de requeté que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 28 décembre 2013

O ZAPATERO COMO UNIDADE DE MEDIDA POLÍTICA

Había un señor en Ribadeo de tal prevención para a retranca que soamente ría cos chistes que ridiculizaban a Franco. O Vlad Dracul ferrolán rebentara contra un paredón a vida de varios amigos seus e estivo a un consello de guerra de rebentar a súa. Franco era unha categoría humorística para aquel exconcelleiro republicano, pero ascendeu a categoría de obsesión política para toda a esquerda española sen matices ideolóxicos. Xa que logo, a dereita botou a longa de noite de pedra e o breve solpor democrático inquieta pola falta dunha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 26 décembre 2013

TANATORIO

Habíamos de cambiarnos dous coches a metade de camiño. Suxerín ao meu sogro de quedar nun tanatorio situado segundo te apeas da autovía. Eu quería ser Jimmy Breslin cando lle encargaron unha reportaxe sobre o funeral de Kennedy e devolveu unha obra mestra centrada no seu enterrador: Foi unha honra. Adianteime media hora ao tempo preciso na cita para visitar o tanatorio. Era un hiper do pasamento, con varias salas de exaltación da perda, servizo de floristería e máquina para alivios e zumes. Nas paredes, fotografías de sorrintes... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 24 décembre 2013

ONCEPORCENTAZO

O señor ministro Soria leva unha carreira ascendente na escaleira protagónica do Cabaret Voltaire co seu show electrizante, pero o señor ministro Gallardón vai gañando aplausos nas entradas máis populares coa contrarreforma abortiva. Ambos as propostas teñen que ver con que ao seu partido non lle saen os números. O señor Soria practicou durante todo o seu mandato o laissez faire liberal coas compañías eléctricas, confiando en que o seu parecido físico co señor Aznar lle garantise volver a facer xirar a cadea de favores coa Gran... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 22 décembre 2013

DURMIR NUNHA INMOBILIARIA

O lugar máis estrano no que teño durmido foi un baixo ocupado por unha inmobiliaria. Hai unha década había tantas que se me fixo raro que o primeiro contacto co sector, non sendo como cliente, fose como residente. A inmobiliaria estaba baleira coa excepción dun sofá ancho no que me estomballei para pasar a noite. As vistas daban ao reverso dun escaparate cheo de grandes adhesivos con forma de número que formaban números telefónicos. Eu estaba dando unha volta por Bruxelas. Xabier Queipo ofreceume aquel espazo. Xabier é un deses... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:37 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 21 décembre 2013

A NOITE MÁIS LONGA DO ANO

Manuel Martínez Barreiro asistiu a un curso de xornalismo que impartín en Vigo. Sorprendeume que se rendese a doce horas do que puidera contarlle. Admiraba a Barreiro como reflexionador  político e aínda non deixei de admiralo. Como exercicio de curso, trouxo unha entrevista con Martiño Noriega. O repertorio de preguntas, xa o esperaba, era inteliente; o repertorio de contestacións descolocoume por reseso. Podería mudarse o nome e máis o cargo do -na altura- coordinador de Anova polo de calquera cargo medio do nacionalismo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 20 décembre 2013

A REDENCIÓN IMPOSIBLE

Lois tenme contado de alguén, non lembro nidiamente se Torrente, que se baixa dun tren no que regresa a Galicia tras o golpe de estado do 36 e vai na procura de Cunqueiro, que agardaba por el. "Álvaro, que fas con camisa azul?" "Que que fago? Salvar a vida. E o primero que vou facer é poñerche a ti outra". Non me cadra Torrente porque, segundo un alporizado Suso de Toro, dirixía a revista da Falanxe en Ferrol ao pouco, en 1937, "nos días de gabias e paredóns". Ao ambente de varias lecturas levo uns días pensando que a dereita nunca... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 15 décembre 2013

OS SETE MARES DE PEMEX

Christopher Hitchens miraba a Churchill coma unha estatuta de Lenin derrubada sobre a que martelear. Botou a infancia admirando a aquel señor repoludo con riscos de bulldog con falta de horas de sono e dedicou moitas reflexións a golpear na chatarra deitada da lenda. En Amor, pobreza y guerra (Debolsillo) reserva todo un capítulo a reseñar a vacuidade da estatua que Gran Bretaña montou ao seu primeiro ministro. O ensaio comeza explicando que o discurso adoito mal citado das bágoas e o esforzo foi pronunciado por un actor. A lección... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]