lundi 5 janvier 2015

BUSCAR O AMOR NA PARAFARMACIA

NAPOLEÓN ERA galego, ou cando menos naceu aleitado por un espírito galego. Max Gallo conta no voluminoso Napoleón (Planeta) a chegada de Buonaparte con dez anos á Escola Real Militar de Brienne. A cada infante asignábanlle unha parceliña de terra para que cultivase e coñecese a vida labrega, nese neorruralismo o que afectou á burguesía urbana de París tras facer a Revolución. Os compañeiros sementaron. Napoleón tamén, pero antes chantou paos arredor da súa chousa para protexela.      Espanta ler a Thomas Bernhard... [Lire la suite]

dimanche 4 janvier 2015

OITENTA HORAS

A materia que compón a nosa vida son os partos, as vodas, os enterros e as compras no supermercado que cumprimos entre dúas noites de Fin de Ano. A primeira noite é esa na que os pais nos prohiben saír e a segunda, esa na que ninguén nos quita da casa nin para mercar tabaco. Eu estou na metade da vida, no momento das 00.15 horas en que abres un ollo no sofá para ir tomar algo aí fóra, na xeada. Miras os tons escuros dos edificios e as luces das casas prendidas coma beléns acolledores. Logo tomas a decisión de pechar o ollo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 06:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
jeudi 18 décembre 2014

PATXI NO CORREDOR

NON SEI SE foi vostede ver Interestellar. É unha historia de humanos asustados porque unha praga lles devora as colleitas,porque comisca o seu futuro. Para salvarse, buscan planetas a colonizar. A película trata de humanos colocando obstáculos á barreira que avanza silenciosa que son as horas. A vida é tan espectacular que ás veces nos cremos protagonistas de El show de Truman. Xuraríamos habitar grandes decorados de edificios con actores que interpretan a familia e os amigos. A emoción das superproducións é que ignoramos o final.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:25 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags : , ,
samedi 6 décembre 2014

SALIVAR PATADAS

HAI EXPERTOS na prehistoria que aventuran que os homo sapiens mataban neandertales para evitarse a competencia na obtención de alimento. Mesmo engaden que poderían ter comido as vítimas a causa de que vivía nun ámbito de escasos recursos. Daquela, a violencia era máis intensamente cruel que agora, pero explicábase por unha función de supervivencia. Os habitantes das cavernas do Courel aplicarían a brutalidade sobre os animais, pero soamente para comelos. Iván Pavlov fixo un experimento psicolóxico con cans. Antes de servirlles... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
lundi 1 décembre 2014

JOSEP PLA BUSCA CONVERSA NUN PETROLEIRO

As sensacións máis desagradables que pode sentir unha persoa son a fame, o frío e a soedade. Josep Pla combateu as tres durante todo o seu tempo. Destino vén de traducir dende o catalán La vida lenta. Notas para tres diarios (1956, 1957 y 1964) nas que recolle centos apuntamentos cotiás de dez liñas.Cada noite apuntaba o que xantara, o vento dominante e as persoas coas que falara. A fame, o frío e a compañía son as tres constantes diarias: «Día nebuloso, húmido, morto. Teresa fai un arroz negro moi rico. Pola tarde veñen Bonal;... [Lire la suite]
vendredi 28 novembre 2014

UN FULGOR ANTIGO

A morte de Cayetana de Alba deu para falar moito sobre ela, pero, sobre todo, para falar sobre nós mesmos. O pasamento da catorce veces Grande de España forzounos a revivir a morriña por un mundo perdido e irrecuperable. Os cidadáns estamos agradecidos aos ilustrados do século XVIII por teorizar a equiparación de todos os seres humanos. Esa gratitude convive nos nosos corazóns co rancor por ternos guillotinado os referentes sociais. Sospeitamos que os nosos antergos remotos eran máis felices porque vivían nunha orde social... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

dimanche 23 novembre 2014

O GALEGO FLORENTINO DE BLANCO AMOR

    O actor vasco Karra Elejalde recoñece que o peor da rodaxe de A esmorga non foi interpretar en galego, senón interpretar o frío. Elejalde non é de Bilbao, pero podería polo esaxerado. Sostén que, durante a filmación, «padecimos ocho ciclogénesis seguidas», que combatiron con neopreno e camisetas térmicas.Ese plural no que se expresa inclúe a Miguel de Lira e Antonio Durán, Morris. Ignacio Vilar escolleu os tres para regaleguizar a versión cinematográfica da novela A esmorga de Eduardo Blanco Amor, que Gonzalo Suárez... [Lire la suite]
dimanche 16 novembre 2014

"LOS VIENTOS DOMINAN GALICIA"

Aurora non o daba crido cando viu a anciá co corpo enxoito e pálido oculto baixo teas negras que se presentara no ultramarinos dos seus pais. «Son a túa avoa, Auroriña», anunciouse con naturalidade e firmeza. A vella parecíase desconcertantemente á súa avoa, falaba galego coa dición mastigada da súa avoa; pero estaban no centro de Bos Aires e a súa avoa vivía nunha aldea de Maside, en Ourense.Aurora Bernárdez lembraba a a avoa dos catro anos, entre 1920 e 1924, que vivira cando nena en Galicia, entre Maside, Vigo e Lugo. Si, non... [Lire la suite]
jeudi 6 novembre 2014

DETERMINACIÓN

Juan Tallón escribiu nun inverno desapracible que «as obsesións non se improvisan». As teimas nacen instantaneamente, dunha desesperación ou dunha ilusión, pero non poden experimentarse dun momento para outro: hai que darlles tempo para que collan dimensión. Case todas as fixacións acaban inertes coma un tamagotchi sen pilas porque as esquecemos. Pero hai teimas que solidifican coma o fillo que nunca concretaches se fora buscado ou asumido. Hai quen xustifica a súa obsesión disfrazándoa de determinación. Acontece nas persoas que se... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
dimanche 2 novembre 2014

LOU REED NUNCA SOUBO QUE COLÓN ERA GALEGO

TODOS ACABAMOS por volver á casa, aínda que pasen anos. Lou Reed regresou á casa, quince discos máis tarde. Chamou ao álbum New York, sinxela e reveladoramente. Arrinca o disco cantando en Romeo had Juliette: «Atrapado entre as estrelas retortas/ entre as liñas trazadas do mapa defectuoso/ que trouxo a Colón a Nova York».O luns cumpriuse un ano do seu pasamento. Morreu demasiado novo, sen tempo a saber que Colón era galego. Se cadra 1.492 asuntos interesábanlle máis. O martes unha mesa redonda en Santiago concluíu que Cristóbal... [Lire la suite]