samedi 7 juin 2014

A CONSTITUCIÓN, LITERATURA DE DRAGÓNS E ESPADAS

O paseo de hoxe foi tamén con destino marcado. Achegueime ata Frutas El Valenciano, en Montirón, para mercar unhas patacas. De camiño déuseme por dubidar se os comerciantes desa tenda falarían galego. Logo contesteime reparando en que eu son vasco e fillo de vascos. A dúbida duroume uns segundos de impostura, algo que a monarquía leva séculos cometendo en Europa e Asia con plausible éxito. No caso de Europa, os reis teñen unha función exclusiva de garantiren o mito e a tradición; non acontece coma cos sátrapas árabes, que asemade... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

samedi 14 janvier 2012

RUÍDO DUNS SABRES OXIDADOS

DISQUE OS pobos que ignoran o pasado están condeados a repetilo. En Galicia préstanos o ‘revival’, que son décadas convidando a Los Cantores de Hispalis a ‘Luar’ como para andarmos rexeitando a morriña como bela arte. Os socialistas de Vigo deberon verse atrapados nun pregue temporal cando lles entraron os grises, que agora visten de azul, para intervir na asamblea do martes. Os axentes non se presentaron alí por orde dun gobernador civil con bigote fino, senón que  actuaban a instancia de parte, pola chamada dunha militante de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
jeudi 8 septembre 2011

ETA TEN SOLDADOS CLON?

O 20-n volverei mirar Star Wars, eu souben que o actor que encarnaba a Darth Vader era Francisco Franco, dende que asistín á película nos cines Astoria de Bilbao, por volta do 77. O éxito mainstream do Generalísimo, un señor xeneralisimamente vulgar cunha visión mediocre e unha formación intelectual de vella escola militar que cheiraba a alcanfor cuartelario e morriñas colonialistas, sempre llo atribuín ao aire que se daba con Edward G. Robinson, un extraordionario actor que sempre facía de malo adscrito á brigada político-social. Por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,