Canalblog Tous les blogs Top blogs Littérature, BD & Poésie
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
MENU
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
22 novembre 2014

O PRESTIXIO REMOTO DOS OSOS POLARES

O PRESTIXIO REMOTO DOS OSOS POLARES
(Texto escrito para a mesa redonda do Simposio O libro e a lectura nos medios da Asociación Galega de Editores do 20 de novembro de 2014. Participaron Carme Vidal e Xesús Fraga, moderou Manuel Bragado) Hai uns días atopei en Twitter unha fotografía de...
Publicité
9 novembre 2017

PAXE DE PRINCESA E CRONISTA D O REINO

PAXE DE PRINCESA E CRONISTA D O REINO
A ÚNICA VIDA QUE non me interesa é a miña. Por iso, dedico o ocio a asomarme ás vidas alleas. Entrei nun hotel de cinco estrelas, en Santiago, para observar rentistas e herdedeiros que se pagan ese luxo un martes pola tarde. Sentei na cafetería de dous...
28 octobre 2017

NOSTALXIA DE TODOS OS POSTOS FRONTEIRIZOS

NOSTALXIA DE TODOS OS POSTOS FRONTEIRIZOS
A MIÑA NAI chámase Itziar, pero un funcionario dos anos 30 cunha ringleira de formigas camiñándolle sobre a boca dedidiu que Itziar non era un nome, era un ladrido vasco. O señor gris perla improvisou un bautismo civil e secreto, como se ela fose criptoxudea....
27 août 2015

UN SACO CONTRA O QUE GOLPEAR

UN SACO CONTRA O QUE GOLPEAR
Dende que cumprín 50 anos o meu pelo mantense como estaba, non cae pero non medra. Pásame como á UPG; que cumprín cincuenta anos, digo. O pelo que me fasciunou dende neno foi o da miña avoa paterna, Juana Isasi. Era branco, solto e lixeiro como a cola...
23 décembre 2017

PIRANDELLO DISPUXO SER ENTERRADO ESPIDO

PIRANDELLO DISPUXO SER ENTERRADO ESPIDO
CON FRANCO chovía máis. Seino porque lembro todas as tardes daquel período de rexencia militar contando pingas no océano disperso que esvaraba pola ventá. Franco —digo para os que xa naceron en hospital— era un condottiero alto, loiro e guapetón que proxectaba...
Publicité
15 juillet 2017

OS HOMES ELEGANTES LEN NOVELAS RUSAS

OS HOMES ELEGANTES LEN NOVELAS RUSAS
HOUBO UNHA frase de Milena Busquets que atrapei ao voo, como se atrapan as primeiras moscas do verán, cando aínda están facendo un voo de recoñecemento do mundo. «Los hombres elegantes leen a los rusos», dicía a escritora. Seica que é filla da editora...
13 janvier 2017

OS MEUS FILLOS NON TRABALLARÁN A TERRA

OS MEUS FILLOS NON TRABALLARÁN A TERRA
O MARTES FUN VER a película de ciencia ficción Passengers (Pasaxeiros). Uns habitantes da Terra emigran a outro planeta para renovar as súas vidas. Está protagonizada por unha boa actriz que é guapa, Jennifer Lawrence, e por un guapo que vaia por Deus...
21 janvier 2017

LEE MILLER NA BAÑEIRA DE HITLER

LEE MILLER NA BAÑEIRA DE HITLER
AO PRINCIPIO DA súa estadía nos Estados Unidos, Vladimir Nábokov foi curtar o pelo. O perruqueiro, segundo extendía a tea branca sobre o peito, sinalou: «Nótase que é vostede inglés, acaba de chegar a América e escribe vostede nun xornal». «Como pode...
14 décembre 2015

O DÍA NO QUE NACHA POP ESNIFOU A NOITE

O DÍA NO QUE NACHA POP ESNIFOU A NOITE
O domingo pasado morreu Holly Woodlawn. Haroldo non se chamaba Holly nin nacera muller. Colleu o nome de Holly da protagonista de Almorzo en Tiffany’s, de Capote, e a sona de Walk on the wild side, a canción de Lou Reed. «Holly veu de Miami/ atravesou...
23 septembre 2015

MANUEL MARÍA COMO EXCUSA MORAL

MANUEL MARÍA COMO EXCUSA MORAL
(Crónica publicada no suplemento Táboa Redonda de El Progreso) A ACADEMIA GALEGA indicou en xullo o tema para a redacción que escribiremos nesta volta ao curso escolar: Manuel María. Tras o anuncio, a intelectualidade marcha de vacacións. Ao cabo, a cultura...
27 mai 2017

PINTADE HOLOGRAMAS DE CASARES, NENOS

PINTADE HOLOGRAMAS DE CASARES, NENOS
LEV TOLSTÓI ten unha novela cativa, El diablo, que debería parecerlle fumigante para o seu matrimonio. Tras escribila en dez días, escondeuna na cana dunha bota e alí viaxou o manuscrito ata que morreu. Temía que a muller a descubrise. O editor que se...
22 avril 2017

BUSQUEN UN PISO ATLÁNTICO PARA CLAUDIO

BUSQUEN UN PISO ATLÁNTICO PARA CLAUDIO
BOA PARTE DA miña cultura musical procede da juke box que había nun bar dos anos 70. A máquina de discos ocupaba lugar solemne no Bar Pascasio, de Foz. Estaba entre mesas de billar e de pimpón, entre os futbolíns e os adolescentes que nacían e morrían...
23 mars 2017

A VIDA, ESE ASUNTO DAS CLASES MEDIAS

 A VIDA, ESE ASUNTO DAS CLASES MEDIAS
A MIÑA CASA quedou desolada a fin de semana pasada. Marcharon todos. Tiven que ser valente para afrontar a crise. Quitei La Cocotte, unha pota de ferro inventada en París, como Notre Dame ou os corchos do champán Moët et Chandon. Cociñei lentilles à cinq...
4 février 2017

AEROPORTO AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES

AEROPORTO AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES
A DENTISTA amosoume o luns unha praca dos corredores interiores da miña boca. Explicoume a estratexia bélica que aplicaría durante as dúas horas seguintes. Mentras falaba do asalto sorpresivo que acometería co torno contra as almenas premolares e da carga...
19 avril 2015

UNHA TORMENTA DE MERDA

UNHA TORMENTA DE MERDA
O ECONOMISTA J. M. Keynes casou no verán de 1925 con Lidia Lopokova. Tras a lúa de mel, Wittgenstein visitou ao matrimonio na súa casa de campo. Lidia temía a sona de túzaro do amigo filósofo do seu home, pero non puido evitar que o despistado Keynes...
7 mars 2015

AS SETENTA PALABRAS PARA MATIZAR A CHUVIA

AS SETENTA PALABRAS PARA MATIZAR A CHUVIA
NON SEREI EU QUEN use como diana o investimento realizado no vídeo de Noche y de día, de Enrique Iglesias. Acepto o panorama deses millóns de mozos facéndose unha idea, nun abrir e pechar de ollos que dura 43 segundos, do que é Galicia. «Hay calor en...
2 février 2015

O PAIS QUE SE QUENTOU NUNHA MESA DE BRASEIRO

O PAIS QUE SE QUENTOU NUNHA MESA DE BRASEIRO
HAI UNHA ESCENA da novela Ravelstein (Teorema) de Saul Bellow que comeza nun apartamento de Nova York tan cativo coma luxoso. Na sala de estar o profesor de Filosofía Ravelstein (trasunto de Allan Bloom) e varios dos alumnos seus que máis brillan miran...
7 décembre 2014

MONARCAS, DIVAS E EXILIADOS

MONARCAS, DIVAS E EXILIADOS
ESTA SEMANA ASISTÍN a varios debates privados e economicistas sobre Retrato de la familia de Juan Carlos I, o cadro que Antonio López comezou candos os trens circulaban a 40 quilómetros por hora en Galicia. A velocidade media no transporte ferroviario...
14 septembre 2014

OS BANQUEIROS QUE ACUDÍAN COMPRAR O PAN

OS BANQUEIROS QUE ACUDÍAN COMPRAR O PAN
Agosto estaba agonizando con dramatismo. Parecía protagonizar unha novela algodoneira de Faulkner. Eu tomaba un café nun balcón de Ribadeo. Abaixo, no medio da rúa, parou un coche escuro, brillante e longo coma as pernas de Liza Minelli en Cabaret. Descenderon...
15 juin 2014

UN FEDOR DOCEMENTE VENECIANO

UN FEDOR DOCEMENTE VENECIANO
TOMAR A VIDA con literatura é unha pedantería. Tamén un consolo. Nestes días, Lugo é unha paisaxe de bolsas negras esgazadas polos gatos, cervexa seca embebida en mexo e contedores verdes vomitando mondaduras de pataca e pan requentado pola calor. Trato...
22 mai 2014

O CAMPO DO PANO DE OURO

O CAMPO DO PANO DE OURO
Hai un Xosé Manuel Beiras que me interesa, o intelectual. O Beiras político adoita sobreactuar e cubrir dun boureo escuro as súas ideas lúcidas. Veño de lerlle nos papeis de El Progreso algo ben bonito. Pretende mudar Europa segundo o modelo de "Joyce,...
23 avril 2016

UNHA LIÑA TELEFÓNICA PARA JEAN PAUL

UNHA LIÑA TELEFÓNICA PARA JEAN PAUL
FERROL É UNHA cidade que me desconcerta. Para Galicia é coma Alaska para os Estados Unidos: un accesorio territorial sen función concreta. A última actividade cultural que cruzara a ponte das Pías fora a man de pintura que lle deran no 2000 á estatua...
30 septembre 2015

A RECORRENTE AMEAZA DE INVADIR POLONIA

A RECORRENTE AMEAZA DE INVADIR POLONIA
POLONIA É UN país moi invadible. Está situado entre o Sacrosanto Imperio Xermánico e a Gran Rusia, que son potencias cun ánimo cíclico de rexurdir. O meu veciño Félix invadía Polonia todos os sábados no seu salón. Nunca viña xogar connosco ao fútbol se...
4 mars 2017

UNHA CATA DE CINCO ACEITES CORDOBESES

UNHA CATA DE CINCO ACEITES CORDOBESES
ANDRÉ GIDE viaxou polo Magreb en 1896. Organizara unha viaxe de vodas —ese rito atávico— tras casar coa súa curmá Madeleine. Casou sen ganas, porque llo enconmendara a nai como derradeira vontade. En Túnez métese nun «café escuro, ao que non ían máis...
26 novembre 2016

TI QUERES ISTO MÁIS ESCURO

TI QUERES ISTO MÁIS ESCURO
A superlúa foi unha megadecepción. Os únicos espectáculos irrepetibles son os naturais, por iso os valoro tanto. A seguinte superlúa brillará en 2034, seica. Non sei se estarei vivo daquela; nin sequera se terei ganas de estalo. Leo a Emile Cioran, o...
Publicité
<< < 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 20 30 40 50 60 70 80 90 100 > >>
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Publicité
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 826
Publicité