mardi 27 janvier 2015

CONFETTI

ALGÚNS AMIGOS saen correr. Ignoran que a especie humana permitiuse deixar de facelo logo de atopar profesións máis honestas que disparar frechas contra animais despistados. Pero os amigos están dispostos a facerlle un feo a Darwin. Cando falo con eles da súa actividade cinética compoñen un xesto esotérico. Confésanme que, na carreira, estoupa unha bolsiña de felicidade no cerebro. Imaxino as endorfinas voando coma o confeti do Gran Gatsby. Coñezo ben aos meus amigos; por iso, gardo máis fe a Norman Mailer, con quen soamente me... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

dimanche 25 janvier 2015

O CEO DO SAVOY ESTRELADO DE OBUSES

    NO ANO 1983 o meu pai mandoume en misión diplomática á Universidade de Santiago. Como non tiña intención algunha de memorizar libros; unicamente de lelos, busquei un lugar equidistante de dúas facultades áulicas: Dereito e Farmacia. Xusto nese punto, atopei un fogar na cafetería do Sindicato Español Universitario (SEU). Todo era amplo nesa institución hostaleira: os horarios, os ventanais e a selección de prensa.     Cada mañá asitía á facultade co desencanto cansino co que Alvite comparecía na caixa... [Lire la suite]
samedi 24 janvier 2015

A CALIGRAFÍA PRECISA

Gustaríame ver os Cadernos Rubio de Feijoo. Imaxino uns álbums pulcros. O presidente nunca escribiu un reglón fóra da guía; agás a marcialada. A fotografía a bordo dunha fortuna allea responde a un deslumbramento, a unha visión estática do luxo por parte dun rapaz dos Peares, dun Balbino, dun ninguén como quen di. Foi un erro, un deslubramento. Feijoo non tardou en descubrir que as súas capacidades lle eran abondas para chegar ao centro da gravidade do poder. Dende aquela, son contadas as veces nas que non trazou os caracteres... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:13 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 23 janvier 2015

OS DIARIOS DO BALONCESTO

Eu lanzaba unha Spalding á canastra no campo de baloncesto que había a vinte metros da miña casa. As dimensións daquela cancha eran indeterminadas: cativeiras para un campo regulamentario, pero excexivas para un de minibasket. Era setembro e era sol aínda. Eu andaba suando uns 18 anos moi novos, soamente tiñan quince días. Lera que Petrovic adestraba dúas horas máis que os compañeiros e eu ía a ser Petrovic. Tiraba unha e outra vez á cesta, en series luteranas dende diferentes posicións. Daquela tiña un single de Jim... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
jeudi 22 janvier 2015

ACONTECIMENTO

OS RAPACES da Costa non entedíamos a ilusión de coñecer o mar, pero éramos capares de suspender a liga de fútbol dos barrios se adiviñabamos a promesa dunha folerpa detrás dun baixón de temperaturas. A miña nai decidía nos días fríos que toda precipitación era «auga neve». Podía botar toda a mañá repetindo «auga neve» en diferentes situacións. O meu pai, atento á ilusión que prendía en nós cada vez que uns centímetros cadrados de cor branca se conservaban no xardín, quitaba o 124 marrón do garaxe para subirnos ata Os Oscos. Quería... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
mercredi 21 janvier 2015

A HONESTIDADE ASUSTA, IMAXINO

A miña exploración de Máscaras rotas para Sebastián Nell de Alberto Ramos continuó esta mañá lendo canda principio da madrugada. Sebastian Nell, o actor protagonista, reflexiona sobre un xornalista de Cultura que "era tan profesional que se negaba a manter amizades profundas coas persoas deste gremio (teatral) porque eramos a súa materia prima. (...) Infundía respecto. A honestidade asusta, imaxino. El era honesto en cada palabra que escribía e en cada pregunta que lanzaba. Por iso gozaba de poucos amigos en xeral e moitos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,

mardi 20 janvier 2015

CORVOS DEBICAN SAL NA NEVE

A neve nada ten de especial. Nada ten de especial se viviches sempre no interior do país, pero o meu país era un país de costa e en Ribadeo nunca nevaba. O meu pai levounos un día no 124 marrón a coñecer a neve ata Os Oscos (non vou citar a García Márquez, tranquilos; paréceme infantil e ridículo). Ás veces nevaba en Ribadeo; cunha regularidade semellante á das chuvia no deserto. O meu pai andou traballando durante un ano no Sahara buscando gas para unha compañia británica e foi un ano tan seco que, irritado, tivo que... [Lire la suite]
dimanche 18 janvier 2015

FLORES DEMOCRISTIÁS NOS NOSOS PANTEÓNS

  UN TRACTOR rabuña unha espiral prehistórica en Campo Lameiro sen ser investigado, un electricista rouba o Códice Calixtino e facemos unha lectura de opera buffa de Rossini, Suso de Toro insiste en que non volve nin de coña,... a visión da cultura galega é un espanto.       Nesta época de fugacidade e traxedia wagneriana recuperamos valores firmes: Rosalía, Castelao, Blanco Amor e Perfecto Feijoo. A Deputación da Coruña vai financiar a renovación de contidos na casa museo de Rosalía, a nosa mater... [Lire la suite]
samedi 17 janvier 2015

A COLLEITA DE TRES MIL CLIMAS

A miña muller comprou unha caixa de mazás para Antón. A caixa é oblonga. Oblonga é unha palabra que soa africana e que se deixou o seu sabor xeométrico no devir da fala cotiá. A caixa, explico, é alongada como unha barra de xeo, pero estreita e baixa. Contén sete tipos de mazás: Royal Gala, Golden, Stayman, Granny, Red, Fuji e Braeburn. Michael Hamburguer, o poeta, coleccionaba especies de mazairas. A súa poesía é a "colleita de tres mil climas". Lumen recompilouna en La vida y el arte. O título mesmo describe a continuidade que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 16 janvier 2015

LER A ALVITE, COMER LARANXAS, LAVAR OS DENTES

Morreu Alvite. Era un deses galegos sornentos e de escrita aseada que tanto aprecian en Madrid. O galleguiño failles chiste lido e non escoitado. Acontece o contrario cos andaluces, dos que soamente se rin polo acento e polo humor gargantuesco; non cando escriben, que se lles pon cara de asistir en representación da casa ao enterro dun tenente de alcalde, como lle pasa a Muñoz Molina. Houbo unha década aí atrás en que ler a unha vez ao día Alvite era un hábito, coma comer tres laranxas diarias e lavar tres veces os dentes.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:23 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , ,