Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

17 décembre 2014

NENOS REMANDO CONTRA A NÉBOA

NENOS REMANDO CONTRA A NÉBOA
Os rapaces do instituto de Rábade mirábanme desconcertados cando lles falaba da vida a 150 quilómetros de distancia, vinte anos atrás, arredor do encoro de Grandas de Salime. Nenos sucando a néboa fría do inverno para iren á escola unitaria, unha parella...
Publicité
Publicité
16 décembre 2014

AS MIL FORMAS DE BARREIRO RIVAS

AS MIL FORMAS DE BARREIRO RIVAS
Xosé Luís Barreiro Rivas fixo hoxe unha auditoría ao galego nun artigo. Afirma, con razón, que "el gallego no se pierde por culpa de los poderes públicos, sino por la creciente deserción de una sociedad que no siente el deber de hablarlo ni necesita la...
15 décembre 2014

A FORZA DO NOSO AMOR PODE SER COMPLETAMENTE INUTLE

A FORZA DO NOSO AMOR PODE SER COMPLETAMENTE INUTLE
PATRICK MODIANO asegura en Accidente nocturno (Anagrama) que «os olores son o que resucitan mellor o pasado». Discrepo. O gusto é máis eficaz ca o olfacto. O gusto saborea as palabras para extraerlles as lembranzas —as felices, as dramáticas, as emotivas—,...
14 décembre 2014

AS FENDAS NA CASCA DAS ABELÁS

AS FENDAS NA CASCA DAS ABELÁS
Tarde de cine con Sara e Antón onte. Fomos mirar Interestellar. Fascinante lección sobre o Ser o Tempo. Non deixo de lembrar a Heidegger en toda a proxección. Os protagonistas son seres tratando de escapar ás horas que os matan para continuar vivindo....
12 décembre 2014

UNHA EXPIACIÓN, UNHA EXHORTACIÓN MORAL

UNHA EXPIACIÓN, UNHA EXHORTACIÓN MORAL
Unha norma elemental nunha entrevista é non permitir que o entrevistado cha guíe. Debes ser ti quen decida os temas que tratades e o xeito no que os tratades, mesmo se tes que ser impertinente e interromper o discurso. Nunca fago excepcións. Ben, si,...
Publicité
Publicité
9 décembre 2014

AS VENTÁS ILUMINADAS NA NOITE SON UN MISTERIO

AS VENTÁS ILUMINADAS NA NOITE SON UN MISTERIO
Ao saír do periodico, xa na noite densa, non había rapaces amándose no portalón de pedra lisa e penumbrosa do Colexio de Arquitectos, polo que, a falta de distracción, busquei a Lúa. Erguin a cabeza con ilusión, pero non a atopei sobre o edificio audazamente...
7 décembre 2014

MONARCAS, DIVAS E EXILIADOS

MONARCAS, DIVAS E EXILIADOS
ESTA SEMANA ASISTÍN a varios debates privados e economicistas sobre Retrato de la familia de Juan Carlos I, o cadro que Antonio López comezou candos os trens circulaban a 40 quilómetros por hora en Galicia. A velocidade media no transporte ferroviario...
6 décembre 2014

SALIVAR PATADAS

SALIVAR PATADAS
HAI EXPERTOS na prehistoria que aventuran que os homo sapiens mataban neandertales para evitarse a competencia na obtención de alimento. Mesmo engaden que poderían ter comido as vítimas a causa de que vivía nun ámbito de escasos recursos. Daquela, a violencia...
1 décembre 2014

JOSEP PLA BUSCA CONVERSA NUN PETROLEIRO

JOSEP PLA BUSCA CONVERSA NUN PETROLEIRO
As sensacións máis desagradables que pode sentir unha persoa son a fame, o frío e a soedade. Josep Pla combateu as tres durante todo o seu tempo. Destino vén de traducir dende o catalán La vida lenta. Notas para tres diarios (1956, 1957 y 1964) nas que...
30 novembre 2014

UNHA BUFANDA, UNHA CAMISETA, A LÚA EMPOLEIRADA

UNHA BUFANDA, UNHA CAMISETA, A LÚA EMPOLEIRADA
O paseo de hoxe foi vespertino. Canda a miña muller e canda Antón (+8), o que dei convencido para que nos acompañase porque lle permitín levar un balón de fútbol. Paramos na Praza do Campo para mirar unha tenda de queixos espectaculares, preciosos, e...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 436
Publicité